Mércores, 20 Oct. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Finaliza a rolda de reunións do PXOM entre goberno e oposición en Gondomar.

Finaliza a rolda de reunións do PXOM entre goberno e oposición en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
fernando-guitian-alcaldia

-O alcalde Fernando Guitián (PP) trasladará ao equipo redactor as suxestións recollidas durante as xuntanzas cos grupos políticos para a corrección do documento inicial.

-O grupo municipal do PP asegura que segue aberto ao diálogo co obxectivo de acadar o consenso para levar adiante o Plan de Ordenación Municipal

A Casa Consistorial de Gondomar vén de acoller, durante as pasadas semanas, as reunións que o goberno municipal mantivo cos distintos grupos da oposición e que tiveron como telón de fondo o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Coa xuntanza mantida co PSOE, o alcalde Fernando Guitián informou que deu final a rolda de encontros fixada cos partidos da oposición municipal "na que se pretendía informar e valorar o documento con todos eles".

O seguinte paso desde o Concello será trasladar todas as suxestións e ideas, recollidas durante estas semanas de debate, ao equipo redactor para a corrección do documento inicial.

Desde o Concello de Gondomar afírmase que se mantén aberto o diálogo ante calquera nova proposta ou opinión, co obxectivo final de acadar o consenso preciso para levar adiante o novo proxecto de ordenación municipal. "Estamos traballando no plan e aceptaremos calquera nova achega que se faga en disposición de buscar o consenso", declara Fernando Guitián, alcalde de Gondomar.