Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar ANOVA fixo entrega formal dunha copia do PXOM de Gondomar á ELM de Morgadáns, que carecía da documentación.

ANOVA fixo entrega formal dunha copia do PXOM de Gondomar á ELM de Morgadáns, que carecía da documentación.

Correo-e Imprimir PDF
IMGP9794

-O órgano administrativo local carecía da información relativa ao futuro da parroquia en materia urbanística.

O vogal Xaime Luxilde (ANOVA) tivo que entregarlle á Entidade Local Menor de Morgadáns unha copia do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), pois esta carecía do devandito documento en fase de estudo para a súa aprobación inicial. Nin o Concello de Gondomar nin o gobernante Partido Popular, do que é membro o presidente da Entidade, Urbano Esmerode, tiñan informado nin achegado á parroquia, unha copia da documentación entregada o pasado venres 30 de novembro aos grupos políticos con representación no Pleno Municipal

Foi o vogal opositor, quen en nome da súa agrupación ANOVA, facilitou "formalmente a ELM Morgadáns, o DVD, co contido do plano urbanístico de Gondomar, do que non dispuñan, xa que non foi aportado nin polo Concello nin polo grupo político de goberno", sinalou o nacionalista.