Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno de #Gondomar fai unha nova entrega da documentación do PXOM á oposición.

O goberno de #Gondomar fai unha nova entrega da documentación do PXOM á oposición.

Correo-e Imprimir PDF
carlos lameiro

-O concelleiro de urbanismo, Carlos Lameiro , anuncia que o documento se fará público na web municipal nos próximos días.

O concelleiro responsable da área de Urbanismo do Concello de Gondomar, Carlos Lameiro, vén de anunciar que hoxe fíxose entrega da proposta de ordenación urbanística, elaborada polo equipo redactor, aos voceiros dos distintos grupos políticos da corporación municipal, antes de proceder á súa aprobación inicial en pleno.
Segundo Lameiro, o novo documento do PXOM, que foi entregado en formato dixital, contempla as distintas propostas achegadas anteriormente pola oposición. "O CD inclúe toda a información necesaria para que os distintos partidos poidan estudalo, analizalo e coñecer todos os pormenores da proposta antes do debate plenario ao que será sometido o contido do texto", afirma Lameiro.
Finalmente, o goberno anuncia que o documento do PXOM estará dispoñible na web municipal . "O documento estará nestes días na páxina web do Concello, ao alcance de todos os nosos veciños que estean interesados en estudalo e coñecelo".

Repercusións

De momento para o sector maioritario da oposición non hai "ningunha integracións das propostas fetias polos nacionalistas". Así o manifestou o portavoz de ANOVA, Antonio Araújo, quen engadiu que a súa agrupación fará un análise detido da documentación nos próximos días. Engadiu que "tampouco en todo este tempo se falou co movemento veciñal e asociativo de Gondomar como nós lle propuxéramos".