Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Paula Mª Casal Vázquez asumiu o cargo como nova arquitecta municipal de Gondomar.

Paula Mª Casal Vázquez asumiu o cargo como nova arquitecta municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
concello gondomar

 

-Carlos Lameiro: "Gondomar é un concello con planeamento".

Paula María Casal Vázquez é a nova arquitecta municipal contratada polo Concello de Gondomar a fin de cubrir a baixa temporal do técnico titular do Servizo de Urbanismo. A profesional que tomou onte 1 de agosto, posesión do cargo , terá como cometido principal "aliviar os retrasos acumulados nos últimos meses", segundo o comunicado emitido pola administración.

 

O proceso selectivo que rematou na contratación de Casal Vázquez congregou a máis de 40 aspirantes, dos que 7 participaron das probas finais. O Concello informou que con esta mesma fórmula poderanse cubrir outras baixas ou períodos de vacacións do persoal de Urbanismo.

Dende onte, segundo o comunicado do Concello, a arquitecta traballa na saída de expedientes pendentes de resolución técnica e na axilización da concesión de novas licencias.

Carlos Lameiro: "Gondomar é un concello con planeamento".

Por outra banda, Carlos Lameiro, concelleiro titular de Urbanismo, sostivo durante o anuncio da nova contratación, que aínda que "resulta difícil facer previsións", unha vez entregada a copia do PXOM aos grupos da oposición para a súa análise, "é posible que nos vindeiros meses poida ser levado a pleno para a súa aprobación inicial, que agarda sexa aprobado co maior consenso posible."

Nese senso, Lameiro reafirmou que ""Gondomar é un concello con planeamento. Engadiu que "iso é así por ter aprobadas as normas subsidiarias previstas na lei 11/85 da provincia de Pontevedra no ano 1991, ademais da xa aprobada delimitación de núcleos rurais". Lameiro sinalou neste sentido que "os veciños poden estar tranquilos, pois é un feito que as licencias que ata agora se concederon gozan de plena seguridade xurídica".