Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar VIDEO | Os plenos no Val Miñor e outras "pérolas" do debate plenario do PXOM Gondomar

VIDEO | Os plenos no Val Miñor e outras "pérolas" do debate plenario do PXOM Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Momento do pleno

Que Nigrán e Baiona celebren os plenos de mañá non é unha casualidade. Cantas menos testemuñas menos información, e os asuntos poden levarse sen que levanten moito rebumbio. E se sobra alguén que poida ser molesto, pois elimínanse o aforo e punto.

Un comunicado dos respectivos gabinetes de prensa municipais e os cruces de acusacións dos respectivos partidos políticos logo da finalización do pleno xa é suficiente para encher as páxinas locais coa particular visión da actualidade do día de cada un dos respectivos partidos. (Ctrl +C / Ctrl +V)

A oposición en Nigrán, cun goberno en minoría do PP, tentou no último pleno volver a fixar as datas das sesións ás oito da tarde, pero parece que non todos os concelleiros do goberno estaban dispostos a ter que traballar pola tarde cando a súa dedicación exclusiva impídelles cobrar a maiores por acudir aos plenos fora do horario de mañá. Defender o interese dos veciños si, pero "yo no trabajo por las tardes que no cobro por ello". Iso de cara dentro, de cara fóra o lío o montaron PSOE e BNG que non se puxeron de acordo co tema do horario aprazando a proposta. Aínda quedan 7 meses para rematar o mandato e chegar aun acordo sobre o tema.

Non é o caso de Gondomar, onde a súa corporación mantivo e mantén os plenos a un horario no que os "traballadores" , algún queda, poden asistir sen problema aos debates, e onde o alcalde ten celebrado plenos aguantando auténticos chaparróns e protestas dentro do auditorio. Algo do que non poden presumir os outros dous alcaldes que ante o mínimo temor blindan o concello e retiran o aforo, pese a que a súa ousadía acabe nos tribunais, iso si, coa minuta dos avogados pagada polos veciños. Sempre pagan os mesmos. A oposición tampouco reclamou.

Este pasado xoves celebrábase o pleno en Gondomar. A debate, a aprobación inicial do PXOM. Os compañeiros de GondomarTV recompilaron para a ocasión os "mellores momentos" do pleno recollidos no seguinte vídeo, con risas de público e aplausos incluídos. Agora, valoren e opinen vostedes. Iso aínda non é delito. De momento.

Ver vídeo en GondomarTV