Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Condenan ao ex alcalde de Gondomar Martín Urgal e ao ex de urbanismo Alfonso de Lis por prevaricación urbanística.

Condenan ao ex alcalde de Gondomar Martín Urgal e ao ex de urbanismo Alfonso de Lis por prevaricación urbanística.

Correo-e Imprimir PDF

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo condena ao ex alcalde de Gondomar, Martín Urgal e o seu 1º Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo, Alfonso De Lis a unha pena de 8 anos e 6 meses de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por entender que cometeran un delito continuado de prevaricación urbanística.

O litixio orixínouse nun conflito mantido polos acusados coas entón Secretaria Municipal e a Técnica de Urbanismo que rematara cun decreto da alcaldía de afastamento das mesmas das súas funcións urbanísticas, as que foron delegadas a un consultor externo, o letrado vigués José Martínez Torea, a quen a Fiscalía tamén responsabilizaba en calidade de "cooperador necesario".
A decisión xudicial absolveu ao devandito avogado tras entender que non formaba parte do círculo de autoridade que aprobou a resolución de alcaldía. Pola súa banda, o ex edil Alfonso Delis manifestou que estudará recorrer a sentencia por enteder que a mesma é equivocada, segundo recolle La Voz de Galicia.