Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A corporación municipal de Gondomar celebrou o seu derradeiro pleno da lexislatura 2007-2011.

A corporación municipal de Gondomar celebrou o seu derradeiro pleno da lexislatura 2007-2011.

Correo-e Imprimir PDF
pleno_gondomar_xuo_2011

O derradeiro pleno municipal da lexislatura 2007-2011 de Gondomar pasou case inadvertido para a vila. Como desde xuño de 2009, os concelleiros xuntáronse ás 9 da mañá no Auditorio Municipal Loís Tobío, esta vez co único fin de dar cumprimento á votación da acta da sesión de maio, a que foi aprobada por unanimidade.  O alcalde Martín Urgal deixou sobre a mesa unha frase final de bos desexos á futura corporación que rematou de xeito case inaudible e que non mereceu, de parte dos seu colegas do goberno nin da oposición, comentario algún.  Na bancada do BNG, ausencia de Xosé Antón Araúxo. Segundo explicaron os concelleiros nacionalistas ao presidente da mesa, non podía chegar en hora , e dado o único punto da orde do día se podía comezar sen agardar a súa presenza.

A pesar de que o pleno pechaba unha das lexislaturas máis álxidas da vida democrática de Gondomar, a xuntanza estivo baleira de intervencións dos edís e cun só cidadán coma testemuña nas cadeiras do auditorio. Non amosaron as súas pancartas e bandeiras os militantes da MOCIÓN=CORRUPCIÓN por primeira vez dende a censura a Araúxo, que directamente non concorreron ao pleno.

Así, en 5 minutos deuse trámite a aprobación da devandita acta, e sen máis quedou pechada simbolicamente a lexislatura.