Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O posible acordo público de goberno tripartito para Gondomar: BNG – PSOE – CDL queda desactivado.

O posible acordo público de goberno tripartito para Gondomar: BNG – PSOE – CDL queda desactivado.

Correo-e Imprimir PDF
A maioría simple chega para que Fernando Guitián (PP)  sexa o novo alcalde de Gondomar.

De non producirse sorpresas Fernando Guitián será o novo alcalde de Gondomar. Os 7 concelleiros que lle outorgaron as urnas o pasado 22-M deixan ao PP cunha maioría simple que en principio ningunha alianza pre investidura pon en perigo. A iniciativa de conformar un tripartito BNG-PSOE-CDL, naufragou nunha asemblea de militantes do BNG que o pasado luns decidiu non pactar cos partidos “responsables” da moción de censura de 2009. A decisión nacionalista impide o ingreso do CDL de Natalia Salgueiro a un goberno concertado con anterioridade á investidura do futuro alcalde de Gondomar.

O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar renunciou ás posibles “alianzas, pactos e demais”, cara a investidura o día 11 de xuño. Unha asemblea “de xeito maioritario”, segundo o comunicado oficial da agrupación, “ acordou non pactar xustamente para ese día 11 de xuño nin co P.P., nin co C.D.L. nin co I.X.G., habida conta de que foron os responsables da moción de censura que desaloxou ao B.N.G. do goberno de Gondomar o 7 de xullo de 2009”. Por outra banda os nacionalistas por “unanimidade”, anuncian que votarán unicamente polo seu candidato Antón Araúxo na cesión de investidura do futuro alcalde de Gondomar o vindeiro sábado.

A ausencia de acordos entre os partidos políticos en materia de alianzas deixa á futura corporación municipal conformada por 7 edís do PP, 5 do BNG, 2 PSOE, 2 CDL e 1 IXG . Os 7 votos do PP “empatan” cos 7 do bipartito BNG – PSOE, e só unha decisión unilateral do CDL podería cambiar esa correlación de forzas durante a investidura do vindeiro 11 de xuño.