Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Confírmase: O popular Fernando Guitán será o novo alcalde de Gondomar.

Confírmase: O popular Fernando Guitán será o novo alcalde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O enxeñeiro Fernando Guitán será o futuro alcalde de Gondomar.

.O enxeñeiro Fernando Guitián (PP) confirmou a Valminor.info ter asinado un acordo coa ex popular Natalia Salgueiro (CDL) na mañá de hoxe pola que será investido como alcalde de Gondomar este sábado ás 11 horas.

.O popular declinou entrar en detalles sobre os puntos conversados co CDL, e remitiuse aos fundamentos achegados polo Departamento de Comunicación do PP, no que se sinala que os dous concelleiros de CDL darán o seu apoio a Fernando Guitián convencidos de que “a mellor opción” para o concello é que goberne a lista máis votada.

.Con este acordo, Fernando Guitián será investido mañá alcalde co apoio dos concelleiros do PP, que suman un total de 7, e os dous de CDL, encabezados por Natalia Salgueiro.

O PP e o CDL asinaron hoxe un acordo que permitirá “dar un goberno sólido, estable e forte ao concello de Gondomar”. Así o manifestaron os cabeza de lista de ambas formacións que consideran que o pacto acadado é “o mellor” para o futuro do concello.

Desta forma, os tres concellos do Val Miñor contarán a partir de mañá cun alcalde popular, o que, segundo sinalou Fernando Guitián, “permitirá impulsar o desenvolvemento conxunto de toda a área”.

Pola súa banda, a número un do Centro Democrático Liberal, Natalia Salgueiro, destacou que a decisión de pactar co PP se adoptou coa vista posta na necesidade de “garantir unha maioría estable ao concello de Gondomar”, e co obxectivo de que este municipio teña a “estabilidade que se merece”. Neste sentido, engadiu que “hai que ter en conta que o PP foi a lista máis votada” e “por coherencia cremos necesario apoiar ao partido polo que apostaron maioritariamente os cidadáns”.

Salgueiro fixo fincapé en que se trata dun acordo que “pon por riba de todo os intereses xerais de Gondomar”. “Esta é, sen dúbida, dixo Natalia Salgueiro, a mellor opción”.

Este acordo chega despois dunha intensa axenda de reunións e contactos do PP local con todas e cada unha das forzas políticas que lograron representación en Gondomar.

Fernando Guitián subliña que “o PP, como forza máis votada, non quixo excluír a ninguén”, polo que mantivo encontros con todos co obxectivo final “de acadar o mellor acordo para este concello”.

Finalmente e como froito deste diálogo permanente, conclúe Fernando Guitián, “é o gran acordo que hoxe asinamos e que será unha garantía para o futuro de Gondomar”.