Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Esquerda Unida Gondomar convoca unha xuntanza veciñal para este venres 19 na Casa da Cultura.

Esquerda Unida Gondomar convoca unha xuntanza veciñal para este venres 19 na Casa da Cultura.

Correo-e Imprimir PDF
EU Gondomar convoca xuntanza na Casa da Cultura este venres 19 de agosto ás 20h.

Esquerda Unida de Gondomar convida a unha xuntanza veciñal na Casa da Cultura para este venres 19 de agosto ás 20h. A agrupación coordinada por Delvino Domínguez invita aos gondomareños que teñan inquietudes, propostas ou suxestións, as acheguen nesta reunión a fin de que EU as poda canalizar no Concello mediante queixa ou moción, segundo corresponda. Esta agrupación de esquerdas xa leva presentadas tres peticións por esta vía ao novo alcalde de Gondomar, o popular Fernando Guitián a fin de que sexan incluídas nos debates do próximo pleno municipal. Se ben EU Gondomar non ten representación na actual corporación municipal, utiliza esta modalidade dende a súa creación. Os veciños que desexen participar poderán facelo ao longo do encontro que ten unha duración prevista de dúas horas.

Boleto único para os traslados Gondomar - Baiona.

O pago dun billete único para ir Baiona, en vez de dous como se esta a facer agora, é unha reivindicación que EU Gondomar plantexou ao actual goberno municipal cun escrito achegado no pasado mes de xullo por Rexistro Municipal. A agrupación sinala que "a empresa dende hai anos non pon unha liña directa porque non lles é rentable", pero ao mesmo tempo opina "que os cidadáns economicamente non carguen coa culpa". Esta forza política manifesta que "O concello ten que velar polos intereses dos gondomareños, é o mínimo que se lle ten que pedir"

Barandilla na Praza de Abastos e teléfono público na estación de autobuses.

Tamén pola vía de petición ao alcalde, EU Gondomar ingresou por rexistro unha solicitude para colocar unha baradilla na Praza de Abastos, "na zona da rampa e escaleiras, xa que non hai nada que protexa aos viandantes da diferenza de altura entre beirarrúa e zona de Praza". O escrito presentado sinala que "esta situación leva así ano", e suxire "previr que lamentar".

Tamén a ausencia dun teléfono público na estación de autobuses gondomareña foi motivo dunha presentación de suxestión á alcaldía, para ofrecer un servizo necesario "onde hai un gran número de persoas que empregan o transporte público cada día".