Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A delegada da Xunta Lucía Molares visitará as instalacións do colexio Chano Piñeiro en Gondomar.

A delegada da Xunta Lucía Molares visitará as instalacións do colexio Chano Piñeiro en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A delegada da Xunta Lucía Molares visitará Gondomar.

A delegada da Xunta de Galicia, Lucía Molares, visitará Gondomar o mércores 20 de xullo ás 10:30 horas en compañía do xefe territorial de educación, César Pérez Ares, para comprobar co alcalde, Fernando Guitián, e a concelleira de educación, Paula Bouzós, o estado de execución das obras de substitución da cuberta do colexio Chano Piñeiro.

As obras do colexio de educación primaria, custeadas pola Xunta de Galicia mediante un convenio co Concello de Gondomar, acabarán coa deterioración da cuberta do centro escolar. Coa execución da obra dáse resposta á demanda da dirección do colexio, o Consello Escolar e o ANPA para que no centro póidase desenvolver o labor docente con absoluta normalidade.

Segundo o comunicado dende o Concello de Gondomar, a delegada da Xunta e o alcalde manterán tamén unha reunión na que Guitián lle manifestará "o seu agradecemento polo trato recibido por parte da Xunta cara ao Concello de Gondomar", e exporalle as necesidades do Concello e o seu proxecto de futuro para Gondomar.