Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Constituída a xunta veciñal que gobernará a Entidade Local Menor de Morgadáns.

Constituída a xunta veciñal que gobernará a Entidade Local Menor de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
Pleno da Entidade Local Menor de Morgadáns

Constituído o pleno da Entidade Local Menor de Morgadáns, na que reiterará como presidente nun novo mandato ao popular Urbano Esmerode Domínguez. Na ceremonia de investidura celebrada este venres 1 de xullo ás 10 da mañá, tamén asumiron os vogais María del Mar Cea Iglesias (PP), Manuel Misa Hermida (PP), Jesús Cabreira (PSOE) e Xaime Luxilde (BNG).

O pleno que durou 20 minutos comezou coa lectura do reglamento por parte do secretario da Entidade, Manuel Soliño. Tras presentar xuramento, Urbano Esmerode deu a benvida aos que estrearon cargo e tendeu a man á oposición para "“trabajar por el bien de la parroquia y de todos los vecinos”.

Á sesión plenaria achegouse o alcalde de Gondomar Fernando Guitián, Eladio Costas primeiro Tenente de Alcalde,  e Jesús Salgueiro concelleiro popular  da parroquia de  Morgadáns,  así como os concelleiros da oposición na corporación de Gondomar Xosé Antón Araúxo (BNG)  e Francisco  "Paco" Ferreira (PSOE).