Martes, 22 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor A comunidade educativa fai un chamamamento a toda a poboación para participar este sábado da “Marea Negra” en defensa do ensino público.

A comunidade educativa fai un chamamamento a toda a poboación para participar este sábado da “Marea Negra” en defensa do ensino público.

Correo-e Imprimir PDF
venres negro_casares

A Coordinadora de Centros Educativos do Val Miñor fixo un chamamento aberto a tódala veciñanza da bisbarra co fin de apoiar a "Marea Negra" en defensa do ensino público que terá lugar este sábado ás 18 horas na Ramallosa. A convocatoria xa conta co apoio –ademais da comunidade educativa- de varios colectivos e sindicatos de traballadores que acompañarán a profesores, alumnos e pais nesta xornada onde manifestarán a súa preocupación polo estado actual da educación, as súas críticas aos recortes en materia económica, así como o seu rexeitamento á reforma impulsada polo ministro Wert (LOMCE).

A Marea Negra da educación partirá dende tres puntos situados en cada concello do Val Miñor. Ás 17:30 as columnas marcharán a pé ata rotonda da Ramallosa onde terá lugar o encontro de tódolos centros. Posteriormente trasladaranse ata o entorno da capela de San Campio onde terá lugar o acto central. No mesmo intervirán representantes da Coordinadora de Centros do Val Miñor, dos alumnos, pais e profesores.

Puntos de encontro da Marea Negra

Centros de ensino de Baiona

-17:30 h - Rotonda da Ladeira ( percorrido ata A Ramallosa polo paseo marítimo)

Centros de ensino de Gondomar máis IES Escolas Proval e CEIP Carlos Casares

- 17:30 h - Explanada do Eco – Max (percorrido ata A Ramallosa pola Avda. de Portugal)

Centros de ensino de Nigrán.

-17:30 - Paseo do Monte Lourido (percorrido polo paseo ata a capela de San Campio)