Martes, 22 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor A “Marea Negra” en defensa do ensino público sae á rúa no Val Miñor.

A “Marea Negra” en defensa do ensino público sae á rúa no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Marcha polo ensino no Val Miñor © C.L.
Marcha polo ensino no Val Miñor © C.L.
Marcha polo ensino no Val Miñor © C.L.
Marcha polo ensino no Val Miñor © C.L.
Marcha polo ensino no Val Miñor © C.L.
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

O Val Miñor protagoniza unha multitudinaria protesta conxunta contra a nova lei de ensino LOMCE do goberno de Rajoy es os continuos recortes no ensino público.

A comunidade educativa dos tres concellos miñoranos fíxose presente na Ramallosa nunha multitudinaria marcha que reivindicou o dereito a manter un ensino público de calidade. A pesar da choiva, máis de 1500 persoas protestaron contra os recortes económicos que tanto dende a Xunta de Galicia como dende o goberno de España están afectando á situación do sector da educación, nomeadamente nos comedores escolares, os materiais de estudio e os soldos do persoal docente e non docente, entre outros aspectos.

Durante o acto fixeron uso da palabra representantes da Coordinadora que agrupa a profesores, alumnado e ANPAS de Baiona, Gondomar e Nigrán, os cales rexeitaron ao unísono a reforma da nova lei de ensino (LOMCE). Amosaron a súa preocupación por la situación de marxinalidade na que se deixa o ensino en lingua galega, a introdución de un novo tipo de avaliación externa para o alumnado (por riba das existentes), a perda de laicidade, e o aumento de prazas por aula (incremento ata 33 alumnos para bacharelato, 25 primaria, 30 secundaria), xa instrumentalizadas pola resente Orde do 12 de marzo da Consellaría de Cultura e publicada o pasado venres no DOG.

A manifestación foi acompañada polos claxon de turismos que circulaban sobre as 18 horas deste venres polo concorrido cruce da Ramallosa, ao carón da Ponte Románica e o Cruceiro de San Campio. A mobilización transcorreu con total normalidade, baixo a mirada dun pequeno continxente de membros da policía local e da Garda Civil, que non fixeron mais que evitar incidentes no tráfico.

Dim lights Embed Embed this video on your site