Martes, 22 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor A Marea Negra do Val Miñor xa ten unha coordinadora de profesores comarcal.

A Marea Negra do Val Miñor xa ten unha coordinadora de profesores comarcal.

Correo-e Imprimir PDF
ceip-souto-donas

Os docentes dos centros de ensino de Baiona, Gondomar e Nigrán conforman unha coordinadora de profesores do Val Miñor. Nela intégranse centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria que comparten a mesma problemática nos recortes orzamentarios e nas condicións de traballo de todo o profesorado, acadando ata de agora o apoio de 16 dos 18 centros instalados na bisbarra.

 O profesorado do IES Escolas Proval (Nigrán) comezou no ano 2013 a desenvolver diferentes actos de protesta contra o proxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade do Ensino que prepara o ministro Wert (LOMCE) e contra os recortes que aprobou o goberno da Xunta de Galicia nos orzamentos deste ano para o ensino público.

As mobilizacións iniciadas acadaron bastante eco nos medios de comunicación da comarca e comezaron a ser secundadas por outros centros que conclúen nesta coordinadora, a "Marea Negra do Val Miñor".

O venres, 18 de xaneiro, celebrouse o primeiro Venres Negro no IES Escolas Proval. O profesorado, vestido de negro, saíu durante o 2º recreo (ás 12:30) á porta do centro cunha pancarta. O venres 25 de febreiro xa foron catro os centros que secundaron as protestas con concentracións e notas informativas aos pai. Agora xa son 16 os centros que participan venres a venres das mobilizacións.

Entre as primeiras tarefas que o colectivo está a desenvolver atópase a conformación dunha gran concentración na Ramallosa onde tódolos centros participen e que terá por lema a "Marea Negra do Val Miñor", en defensa do ensino público.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site