Martes, 22 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Profesores, alumnos e pais de todo o Val Miñor preparan unha “Marea Negra” en defensa do ensino público.

Profesores, alumnos e pais de todo o Val Miñor preparan unha “Marea Negra” en defensa do ensino público.

Correo-e Imprimir PDF
rip ensino_publico

Prognostícase unha "Marea Negra" para este sábado 16 de marzo no Val Miñor. Ducias de profesores dos centros de ensino comarcal, acompañados de alumnos e país, marcharán vestidos totalmente de negro, dende os tres concellos cara á Ramallosa. Con esta "marea" queren escenificar a súa defensa do ensino público, a oposición aos recortes e a súa postura contraria á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), impulsada polo ministro Wert. A concentración está convocada para as 18 horas no entorno do Cruceiro de San Campio en Ramallosa.

A mobilización está organizada pola Coordinadora de Centros do Val Miñor, plataforma de recente creación que representa á práctica totalidade dos centros de secundaria e primaria dos concellos miñoranos de Baiona, Gondomar e Nigrán. Esta mesma coordinadora leva dende o mes de xaneiro convocando os coñecidos como Venres Negros, xornadas de protestas á hora dos recreos, onde os docentes maniféstanse de igual xeito, vestindo íntegeamente de negro ás portas dos centros de ensino. Unha singular mostra de "loito" pola actual situación que enfronta a educación.

"Estamos vivindo un mal momento na educación", sinala a profesora Rosa Pascual, do Claustro do IES Escolas Proval e voceira da Coordinadora. Puntualiza que os recortes orzamentarios están plantexando "graves problemas e deteriorando o ensino". Paralelamente, a creación da LOMCE por parte do goberno de España "ao marxe do profesorado e de tódolos sectores implicados", fan necesrio "expresar o noso malestar".

A profesora Pascual informa que a mobilización contará co apoio da tamén recentemente creada Plataforma Cívica do Val Miñor (que congrega a varios movementos sociais), así como de varios sindicatos. Pola súa banda, Raúl Costas, representante do alumnado, salientou que "os alumnos tamén nos sumamos á Mare Negra porque non é unha cuestión só dos profesores, é unha cuestión social que nos afecta a todos".

Os docentes agregan que estas medidas de protestan estanse espallando polas comarcas próximas a partir de contactos entre a Coordinadora do Val Miñor con outras formacións dos centros de ensino.

A coordinadora ten convocada para este xoves, unha rolda de prensa na que se darán máis detalles das actividades que acompañarán á Marea Negra. Nomeadamente os puntos de encontro en cada concello dende onde partirán os manifestantes para dirixirse en columnas cara á Ramallosa.

 Informe dos colegas de VíaRTV

Dim lights Embed Embed this video on your site