Martes, 22 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Convocan para o sábado 15 de xuño unha “Cadea Humana” en Praia América en defensa do ensino público.

Convocan para o sábado 15 de xuño unha “Cadea Humana” en Praia América en defensa do ensino público.

Correo-e Imprimir PDF
marea negra val minor3

-A Coordinadora de Centros do Val Miñor impulsa un novo acto multitudinario tralo éxito na comarca da "Marea Negra".
-Unha cadea humana formada por estudantes, profesores e as persoas que se acheguen, partirá do busto de Manuel Lemos para espallarse ao longo do Lourido.

A Coordinadora de Centros de ensino do Val Miñor, que convocou a multitudinaria Marea Negra do pasado 16 de marzo, organizará o vindeiro sábado, unha "Cadea humana" na Praia América coa consigna "Por un ensino público, gratuíto e de calidade". Docentes, pais e alumnos dos tres concellos do Val Miñor se concentrarán a partir das 17 horas do sábado no busto de Manuel Lemos para espallar a cadea ao longo da praia.
O colectivo que agrupa a comunidade educativa dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, convoca a toda a cidadanía a sumarse á cadea na que xa adiantaron a súa participación os CEIPs Belesar, Carlos Casares, da Cruz, Fontes Baíña, Chano Piñeiro, Humberto Juanes, Serra – Vincios, Souto Donas; os CEPs Sabarís, Covaterreña e Panxón; así como os institutos de secundaria, Auga da Laxe, Escolas Proval, Primeiro de Marzo, Terra de Turonio e Val Miñor.

Ao finalizar a mobilización terá lugar unha merenda compartida no campo de fútbol de Lourido. Dende a coordinadora sinalan que esta actividade pechará as mobilizacións desenvolvidas durante o curso 2012 - 2013  "en contra dos recortes da LOMCE no Val Miñor, e pola creación dunha rede de centros con ampla participación do sector".