Venres, 14 Aug. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar O Manifesto Miñor presenta o seus postulantes á candidatura de Gondomar previo ás primarias.

O Manifesto Miñor presenta o seus postulantes á candidatura de Gondomar previo ás primarias.

Correo-e Imprimir PDF
manifesto-minhor-candidatos

Os integrantes da candidatura do partido instrumental Manifesto Miñor, que concorrerá ás municipais en Gondomar co exalcalde Antonio Araúxo á cabeza, serán electos en primarias que se desenvolverán por vía telemática desde este sábado ás 10.00 ata o domingo ás 20.00 na web do Manifesto, e, de forma presencial, o domingo no centro neural de Gondomar, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Antonio Araúxo, único postulante a alcaldable que presentouse por Gondomar no Manifesto Miñor será acompañado por un grupo de 17 cidadáns que deberán ser elixidos esta fin de semana entre os seguintes postulantes: Vanesa Estévez David, Rocío Cambra Castro, Juan Bautista Míguez Abad, Xosé Antón Araúxo Rodríguez, Xosé Reimundo Valverde Rodríguez, Milagres Chapela Iglesias, Iris Malvido Lago, Antón Román Portabales, Jorge Diz Ferreira, María del Carmen Salgueiro Veiga, Isabel Mato Landeira, María Luisa Varela Nogueiras, Xulio Castañal Canto, José Manuel Domínguez Martínez, María del Pilar Moreira González, Alberto Covelo Casal, Celsa Fernández Álvarez, Jesús Rodríguez Diéguez e Manuel Piñeiro Lorenzo.


Por outra banda, para a Entidade Local Menor de Morgadáns preséntase a postulación do actual vogal non adscrito Xaime Lugilde de Jesús.
No senso de dar coñecer os postulantes, celebrouse este martes debate público na parroquia de Vincios e terá lugar outro o vindeiro venres 27 de marzo ás 19 horas en Gondomar.