Luns, 16 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M O círculo PODEMOS fai público o seu apoio á candidatura Gondomar Concello Aberto

O círculo PODEMOS fai público o seu apoio á candidatura Gondomar Concello Aberto

Correo-e Imprimir PDF
gondo concello aberto

Nun escrito achegado aos medios, Rosa Pascual, secretaria xeral do círculo PODEMOS, sinala que consultada a asemblea cidadá esta decidiu apoiar a candidatura Gondomar Concello Aberto, nas próximas eleccións muncipais. Argumenta "que esta candidatura responde á conciencia da necesidade da unidade, poñendo no centro á veciñanza".

Engade que os partidos políticos que apoian esta candidatura (EU, ANOVA, PODEMOS) "indo máis aló das nosas siglas, comprometémonos a levar adiante o programa de transformación que se decidiu coa participación de todos e todas en asembleas abertas e grupos de traballo nos que os veciños e veciñas puideron participar".
Salienta que Gondomar Concello Aberto "propón un modelo de xestión municipal transparente, participativo e honesto na xestión dos recursos da comunidade"
Afirma que "os e as participantes na candidatura teñen asinado un código ético e a súa xestión estará sometida ao control da Asemblea Veciñal, que constitúe o corazón da proposta".
Neste senso, convidan á veciñanza de Gondomar a que apoie "este proxecto de rexeneración política do Concello. A que se achegue a Gondomar Concello Aberto e participe nesta iniciativa de unidade para, deste xeito, abrir o Concello á xente e decidir que Gondomar queremos".