Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M Presentación da candidatura do Manifesto Miñor en #Gondomar

Presentación da candidatura do Manifesto Miñor en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
candidatura-manifesto

Este xoves ás 20:30 horas o Manifesto Miñor presentará a súa candidatura no Auditorio Municipal Lois Tobío, de Gondomar. Encabezada polo ex alcalde nacionalista Antonio Araújo, a lista conta nos primeiros lugares coa presenza de Rocío Cambra (plataforma preferentes), Alberto Covelo (comuneiro de Vincios), Mª Carmen Salgueiro (preferentes) e Xosé Antón Araúxo (comuneiro de Couso). No acto tamén se dará a coñecer as principais liñas que conformarán o programa político que esta agrupación presentará nas vindeiros eleccións municipais de maio. Tamén será presentada a candidatura á Entidade Local de Morgadáns, do actual vogal desa entidade, o avogado Xaime Lugilde.


Na convocatorio á presentación oficial da candidatura, Araújo fai fincapé en que presentan un grupo de persoas "representativos da sociedade actual e real de Gondomar, de todas as idades e profesións, que traballan día a día e todo ano nos diferentes movementos sociais e veciñais en favor da veciñanza e dos seus dereitos". Así como o feito que "tamén están representadas todas as parroquias do Concello como non podía ser doutro xeito nunha candidatura de unidade veciñal, e que por iso mesmo foi avalada por máis de 250 persoas nunhas eleccións primarias exemplares en democracia participativa".
Afirma que aspiran a representar á veciñanza de Gondomar "sen intermediarios e sen tutelas de ningún tipo". Engade que a cidadanía demanda "transparencia, participación e que a institución municipal estea ao servizo das maiorías sociais".