Luns, 9 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M Mesturar mocidade e experiencia é a proposta da candidatura dos socialistas de Gondomar cara as municipais.

Mesturar mocidade e experiencia é a proposta da candidatura dos socialistas de Gondomar cara as municipais.

Correo-e Imprimir PDF
psoe2015gondomar

Juan Francisco Ferreira González, 47 anos de idade e natural de Vilaza, repetirá como candidato á alcaldía do concello de Gondomar polo PsdeG-PSOE. Actualmente exerce como secretario xeral desta agruapción así como concelleiro da corporación municipal. Acompáñalle como nùmero dous da lista Nuria Lameiro Valverde (33), da asociacións veciñal de Vincios e campioa de España en atletismo. A candidatura á Entidade Local de Morgadáns estará ecabezada por Sofía Chamadoira Gómez (26), empresaria e natural do barrio da Pedra.

Ferreira, que até o 2011 exercera como xefe da policía local de Gondomar, na actualiade actúa como avogado en exercicio, cun master en urbanismo e medio ambiente, segundo fai constar na presentación da candidatura municipal. A súa agrupación conta na actualidade con dous representantes na corporación, sendo Ferreira o voceiro da mesma, "e encarado de controlar e fiscalizar a nefasta xestión do goberno do PP e do CDL", segundo sinala no comunicado.

Asegura presentarse a estas eleccións cunha "lista cremallera" entre homes e mulleres para a alcaldía de Gondomar, con todo opta que sexan as mulleres quen leven o peso e a responsabilidade da candidatura á Entidade Local Menor de Morgadáns, "xa que a candidata é a única muller socialista que afronta este reto na súa historia". Trátase de Sofía Chamadoira Gómez, de 26 anos, empresaria e natural do barrio da Pedra, séguenlle como suplentes Rocío Chamoira Alonso, Teresa Salgueiro Ferreira, Álvaro González Costa e Mauro Misa Pereira.

Confia nesta candidatura que "combina a experiencia de con a mocidade, e basea a súa proposta nunha lista integrada por homes e mulleres capacitadas e formadas para sacar do anacronismo e do desgoberno ao concello de Gondomar despois nefastos gobernos anteriores".

Asegura contar coa experiencia suficiente na administración local da que é funcionario desde 1989, e que deixou para pasarse á empresa privada como avogado. Estivo desde fai máis de 20 anos vinculado aos servizos xurídicos de UGT e como profesor da AGAP.
De número 2, acompáñalle Nuria Lameiro Valverde, de 33 anos, presidenta da asociación de veciños de Vincios, técnica de urxencias sanitarias, técnica en actividades físicas e animación deportivas, adestradora nacional de aletismo, ex-atleta e campioa de España de atletismo.
De número 3, Juan Antonio González Rodríguez, de 56 anos, empresario e profesor de seguridade vial e tráfico, expresidente do Club de Fútbol Gondomar. (Gondomar).
De número 4, Iria Lamas Salgueiro de 34 anos, arquitecta técnica e enxeñeira da edificación. (Santa Baia)
De numero 5, José Chamorro González, de 38 anos de idade, empresario e axente de seguros. (Vincios).
De número 6, Rocío Goberna Sousa, de 28 anos, presidenta da comunidade de montes da parroquia de Chain e vinculado ao mundo asociativo desde fai máis de 20 anos, empresaria de hostelería e vinculada ao mundo artístico. Borreiros.
De número 7, José Luis Alonso Troncoso, de 45 anos, empregado do metal. Chaín.
De número 8, Esmeralda Ferreira Lorenzo, de 38 anos, administrativa e xerocultura. Peitieiros.
De número 9, Alfonso Rodríuez Álvarez, de 42 anos, empregado da construción. Mañufe.
De número 10, Rocío Chamadoira Alonso, de 34 anos, dependenta e sociosanitaria. Morgdáns.
11.- Mauro Misa Pereira.
12.- Purificación Caeiro Rodríguez.
13.- José Paulino Rodríguez Fernández .
14.- María de los Ángeles López Núñez
15.- Moisés Vila Alonso.
16.- Silvia Rodríguez Reñones.
17.- Guillermo Hernández Cerviño.
18.- Sofía Chamadoiro Gómez.
19.- José Mario González González.
20.- Begoña Vila Fernández.
21.- Andrés Carlos Iglesias Fernández
22.- María Yolanda Roade García.
23.- Elaido Pintos Álvarez
24.- Sehila Expósito Ferreira
25.- Serafín Fernández Rodríguez
26.- Verónica Fernández González
27.- José Manuel González Román