Domingo, 18 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar Arrinca a campaña electoral do BNG en Gondomar con tres mitins na fin de semana.

Arrinca a campaña electoral do BNG en Gondomar con tres mitins na fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF
IMG 0503

Con tres mitins en distintos puntos do concello de Gondomar, o Bloque Nacionalista Galego comeza a súa campaña cara ás autonómicas do 21-O.

- A escritora Marta Dacosta, candidata número 6 por Pontevedra presentará as propostas do Bloque o día sábado 6 de outubro en Mañufe e o domingo na parroquia de Couso.

A campaña electoral arrinca en Gondomar esta fin de semana con tres mitins do BNG nas parroquias de Morgadáns, Couso e Mañufe. Os actos terán lugar no Centro Cultural de Mañufe o sábado 6 de outubro ás 19.30, na Entidade Local Menor de Morgadáns o domingo 7 de outubro ás 11.30, e na Casa Veciñal de Couso o domingo 7 de outubro ás 12.30. Nos actos intervirán Álvaro Lores, Ana Bringas, Bieito Lobariñas, Xosé Lois Ruiz e Marta Dacosta, candidata número 6 do BNG por de Pontevedra e membra do Consello Local do BNG en Gondomar.

Axenda dos actos:

Lugar: Centro Cultural de Mañufe

Data e hora: sábado 6 de outubro, 19.30

Intervirán: Xosé Lois Ruiz e Marta Dacosta

Lugar: Entidade Local Menor de Morgadáns

Data e hora: domingo 7 de outubro, 11.30

Intervirán: Ana Bringas e Álvaro Lores

Lugar: Casa Veciñal de Couso

Data e hora: domingo 7 de outubro, 12.30

Intervirán: Bieito Lobariñas e Marta Dacosta