Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 21-O O PSOE abre a súa campaña no Val Miñor cun mitin en Baiona.

O PSOE abre a súa campaña no Val Miñor cun mitin en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
psoe-pontevedra-candidatos

O PSG-PSOE desenvolverá o seu primeiro mitin no Val Miñor, cara ás autonómicas do 21-O en Baiona. O acto onde se presentarán as candidaturas e o programa electoral socialista, terá lugar este sábado ás 20 horas no Multiusos Angel Bedriñana, na Praza de Abastos da Vila Real.

 

As intervencións estarán a cargo da concelleira local Isabel Domínguez Quintas, a candidata número 2 por Pontevedra, Patricia Vilán Lorenzo e a tamén candidata Silvia González Pereira (Nª8). Pechará o acto o secretario federal de política institucional do PSOE, Antonio Hernando.