Domingo, 30 Apr. 2017

Actualizado05:00:34 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 21-O Antonio Araúxo (AGE): " a xente é consciente do poder do seu voto".

Antonio Araúxo (AGE): " a xente é consciente do poder do seu voto".

Correo-e Imprimir PDF
vilar-arauxo-cuevas

-Alternativa Galega de Esquerdas celebra o mitin central en Gondomar, este mércores ás 20:30h no Auditorio Lois Tobío.

Xosé Antonio Araúxo destacou a asistencia de "xente moza e de persoas que até agora estaban fóra da vida política activa" como aspecto máis salientable da campaña de Alternativa Galega de Esquerda cara ás eleccións autonómicas. O ex alcalde de Gondomar ratificou a necesidade " de que esta participación se traslade ás urnas", co xeito de posibilitar o "cambio de rumbo" na Xunta de Galicia. A coalición de esquerdas celebrará o seu mitin central no Val Miñor este mércores 17 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

O actual concelleiro por Gondomar e candidato na lista por Pontevedra de AGE, valorou "positivamente a acollida das nosas propostas", nos mitins e coloquios abertos mantidos nos últimos sete días en distintas localidades do Val Miñor e o Baixo Miño. Nese senso, opinou que "a xente é consciente do poder do seu voto" e amosou esperanzas que cunha participación masiva do electorado o cambio reflectirase na futura conformación do goberno galego.

Ademais de Araúxo, no Lois Tobío intervirán a nacionalista Nuria Andión, o portavoz gondomareño de Esquerda Unida, Josué Villar e o candidato número 1 por AGE en Pontevedra, Xoan Fajardo.