Domingo, 23 Apr. 2017

Actualizado05:00:34 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 21-O Alternativa Galega de Esquerda estrea a campaña no Val Miñor cun acto na praza de Abastos de Baiona

Alternativa Galega de Esquerda estrea a campaña no Val Miñor cun acto na praza de Abastos de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
age-val-minor

A coalición electoral formada pola agrupación nacionalista ANOVA e Esquerda Unida, estrea a campaña electoral na bisbarra cun acto este vindeiro mércores 10 de outubro na Praza de Abastos de Baiona. O acto político dará comezo ás 20:30 horas no "Multiusos Angel Bedriñana" no citado edificio. Durante o mitin presentaranse as propostas de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), por parte dos candidatos pola provincia, Xosé Antonio Araúxo (ANOVA- Gondomar), José Cuevas (EU- Nigrán), e pechará o acto o historiador e arqueólogo nacionalista Xosé Lois Vilar.

A coalición que lideran no autonómico o veterano político nacionalista Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz de EU, tamén estreou unha páxina web na que, ademais da información sobre programas e actividades, presenta unha enquisa aberta: "Participación Cidadá: Que medidas cres que deberían ser as primeiras en presentarse no Parlamento?".

Por outra banda, a coalición que ten unha aposta importante na circulación de información nas redes sociais, presenta os "hashtags" #HaiAlternativa (centrado nas propostas) e #HaiQueParalos, dirixido á participación cidadá.