Domingo, 30 Apr. 2017

Actualizado05:00:34 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 21-O AGE Val Miñor comprométese a estar presente “nas institucións e na rúa”logo de avaliar os resultados do 21-O.

AGE Val Miñor comprométese a estar presente “nas institucións e na rúa”logo de avaliar os resultados do 21-O.

Correo-e Imprimir PDF
arauxo-cuevas

Tras avaliar a xornada electoral do pasado 21-O Alternativa Galega de Esquerda (AGE), José Cuevas (EU-Nigrán) salientou que os resultados obtidos no Val Miñor, colocan á coalición electoral formada por Esquerda Unida, ANOVA, EQUO e o Colectivo Ecosocialista, como terceira forza política, sendo a segunda forza en Gondomar. AGE obtivo na comarca 3.418 votos, que representan o 15,37% dos votos validos, porcentaxe superior ao obtido pola candidatura tanto en Pontevedra como en Galicia. Nese senso, Cuevas manifestou que AGE fai público o seu agradecemento " ás persoas que depositaron a súa confianza na súa candidatura dándolles o seu voto".

 

En nome da coalición, Cuevas agregou que "Tamén nos felicitamos dos resultados de Alternativa Galega de Esquerda na circunscrición de Pontevedra, onde se obtiveron 3 actas, e no conxunto de Galicia, onde se obtiveron 9 actas".

Finalmente sinalou que "Alternativa Galega de Esquerda vai a estar nas institucións e na rúa, xunto coas organizacións sociais e sindicais de Galicia para facer fronte ao roubo da democracia, dos dereitos sociais e laborais, do noso maltreito estado de benestar, do noso dereito á vivenda e da sostenibilidade do noso hábitat".