Sábado, 15 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG de Gondomar presentará a súa nova faciana na parroquia de Couso.

O BNG de Gondomar presentará a súa nova faciana na parroquia de Couso.

Correo-e Imprimir PDF
consellolocal-bng-gondomar

O BNG de Gondomar informa que este martes 15 ás 20:30 horas, celebrará un encontro coa veciñanza de Couso na Casa Veciñal da parroquia. Ao mesmo concorrerán os novos responsables do Consello Local, integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel local, Bieito A. Lobariñas, responsábel de organización e Ana Bringas, responsábel de finanzas.

 

Co título de "Conversa co BNG", a agrupación nacionalista quere ademais de presentar a súa nova faciana no municipio, dialogar cos veciños a prol de recoller as preocupacións e problemas que afronta a parroquia.