Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG de Gondomar recompón o seu Consello Local que encabezará Álvaro Lores Frade.

O BNG de Gondomar recompón o seu Consello Local que encabezará Álvaro Lores Frade.

Correo-e Imprimir PDF
bng gondomar

-O BNG recompón o seu Consello Local en Gondomar o que estará presidido por Álvaro Lores Frade.

A asemblea de militantes reunida onte, ademais de nomear a Lores como responsábel local, tamén elixiu á escritora e militante sindical Marta Dacosta como viceresponsáble, a Bieto Lobariñas na área de organización e Ana Bringas, como responsábel de finanzas.

O BNG realizou onte unha asemblea extraordinaria para elixir o novo consello local de Gondomar, 20 días despois da escisión de 40 militantes e 5 concelleiros que abandonaron esa agrupación logo das discrepancias xurdidas no bloque despois da XIII Asemblea Nacional.

Esta mañá foi presentado en roda de prensa este novo Consello local. No acto participaron Carme Adán, membro da Executiva nacional do BNG e parlamentaria, Henrique Viéitez, parlamentario do BNG, Xesus López Carreira, vicerresponsábel comarcal do BNG de Vigo e Manuela Rodríguez Pumar, Responsábel Comarcal do BNG de Vigo, que expresaron o seu apoio á organización local.

Na reunión celebrada onte, a asemblea de militantes elixiu por unanimidade a Álvaro Lores Frade como novo responsábel local. Álvaro Lores leva décadas militando no BNG de Gondomar e participa activamente nos movementos sociais, así nas Comunidade de Montes ou nas Ampas, onde desenvolve o seu labor desde hai varios anos. Xunto a Álvaro Lores terán responsabilidades no novo Consello local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel, Bieito A. Lobariñas, organización e Ana Bringas, finanzas.

Os militantes de Gondomar valoraron onte na asemblea local o feito de que os concelleiros escindidos "se apropien das actas que soamente corresponden ao BNG", sinalando que esta "usurpación non é ética nin lexítima e priva ao BNG da representación municipal que obtivo".