Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG levará a Fiscalía as contas da Entidade Local Menor de Morgadáns ante presunción de ilegalidad

O BNG levará a Fiscalía as contas da Entidade Local Menor de Morgadáns ante presunción de ilegalidad

Correo-e Imprimir PDF
Urbano Esmerode Domínguez, presidente da ELM de Morgadáns (foto de arquivo)

O BNG presentará as contas da Entidade Local Menor de Morgadáns (ELMM) á Fiscalía ante a presunción dun caso de ilegalidad. Nas mesmas "fai da ELMM beneficiaria duns fondos que pasan dos 400.000€, que nin dan contas, nin se ven por ningures investidos na parroquia, nin se sabe deles", asegura un escrito asinado polo vogal de Morgadáns Xaime Lugilde e adiantado onte por Valminor.info. Os nacionalistas denuncian a "última falcatruada" do presidente Urbano Esmerode (PP), que "botou mais de ano e medio en convocar un pleno" e agora aprobou "definitivamente o orzamentos do 2010, sen ter en conta as reclamacións presentadas, polos veciños e polo Vogal do BNG". Os nacionalistas acusan ao PP de non permitir "a máis mínima fiscalización democrática" o que redunda nun "caldo de cultivo ideal para que poidan aparecer casos de corrupción".

Os nacionalistas entenden que este novo caso de irregularidades é consecuencia do "descalabro de todo o entramado de poder do PP en Gondomar". No caso de Morgadáns o bloque entende que é mais grave "pois estamos falando duns orzamentos cheos de fallos e falsidades xa denunciados polo BNG (ver nota).

A denuncia do BNG

Os catro puntos da denuncia do BNG á actuación do presidente de ELMM Urbano Esmerode son textualmente segundo o devandito documento:

"1º.- Aprobou definitivamente o orzamentos do 2010, sen ter en conta as reclamacións presentadas, polos veciños e polo Vogal do BNG.

2º.- As devanditas reclamacións malia ser presentadas en tempo e forma, foron obviadas polo Sr. Presidente da ELMM, publicando no BOP a aprobación do orzamento o mesmo día que se presentaban as mesmas, obviamente nin tivo a ben lelas e moito menos contestalas como é preceptivo.

3º.- Para máis INRI o publicado no BOP como aprobación definitiva, non coincide co aprobado por el mesmo e o PP inicialmente no pleno da ELMM.

4º.- Polo tanto estamos falando dunha aprobación definitiva ( e unilateral) nula de pleno dereito dos orzamentos do ano 2010, publicada o 30 de decembro polo que a vida real dos mesmos foi dun día, insistimos supoñendo que fose unha aprobación legal."

O Bloque asegura que "porá proximamente en coñecemento da Fiscalía todo este longo historia de ilegalidades para que actúe canto antes e free esta desfeita".