Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Pleno da EML de Morgadáns aprobará 30.000€ para pagar obras "que non constan" segundo o BNG.

O Pleno da EML de Morgadáns aprobará 30.000€ para pagar obras "que non constan" segundo o BNG.

Correo-e Imprimir PDF
O Pleno de Morgadáns reunirase ás 17:30h do mércores 27 de abril.

O vogal nacionalista Xaime Luxilde, da parroquia de Morgadáns (Gondomar), denuncia ao presidente da Entidade Menor Local, Urbano Esmerode de querer pagar case 30.000 euros a unha empresa local por obras das que non se ten constancia da súa execución, nin existe un plan de obras que as contemple. Nun escrito feito público na tarde de onte, Luxilde afirma que a devandita empresa está "xerenciada por coñecidos militantes do Partido Popular locais, e vinculada a practicas viciosas no Concello de Gondomar". O vogal do BNG afirma que tratase dun "burdo intento de escamotear a vecindade" xa que o monto representa entre un 10% e un 13% do orzamento ordinario da entidade. Pola súa banda, Esmerode asegurou a Valminor.info que as obras están feitas e a documentación correspondente consta nas oficinas da entidade. O tema será debatido no pleno da xunta veciñal a celebrarse hoxe en Morgadáns.

A solicitude será ingresada como recoñecemento extraxudicial de crédito, afirmou Esmerode. O presidente da Entidade Menor Local, afirma que non será necesario solicitar un crédito bancario pois a administración ten un orzamento prorrogado e fondos propios. Consultado si as devanditas obras foron obxecto de licitación, respondeu que non foi necesario por ter o presidente da Entidade acreditado para libre disposición un 10% do orzamento. Na actualidade Morgadáns ten prorrogado o de 2010 que supera os 400 mil euros o que habilita a Esmerode a dispoñer duns 40 mil.

Sen embargo, Xaime Luxilde asegura que "falla de vardade" nas devanditas facturas e que si os traballos se fixeron nas datas que consta na documentación, deberían estar contempladas nos orzamentos "fraudulentamente" aprobados a finais de 2010. Segundo Luxilde " cóllese antes a un mentireiro que a un coxo" e pregúntase se esta manobra non está relacionada cos 125 mil euros que o vogal denunciou que faltan da caixa da Entidade Local Menor.

Urbano Esmerode asegurou que as facturas foron presentadas despois de pechados os orzamentos e que a súa intención é deixar libre de débedas á parroquia de cara á futura lexislatura. Tamén lembrou a Valminor.info que cando el tomou a entidade tivo que afrontar unha morea de débedas que deixou o presidente anterior (tamén do PP) e esa é unha herdanza que" non lle desexa a ninguén", aínda que el se presentará novamente como candidato polos populares. En canto á denuncia de Luxilde, afirmou que trátase da confirmación de que o nacionalista "non coñece a parroquia e non ve o que nela se fan".

Ao nacionalista Luxilde non lle convencen as contas de Esmerode e unha vez máis asegura no seu escrito que se reserva o dereito de realizar "as actuacións necesarias perante os Tribunais, contra quen proceda". Tamén afirma que lle sorprende a "premura por facer este pagamento , xa que despois de cinco anos sen facer os plenos que correspondían, no é capaz tan siquiera de respectar a data que lle tocaría: 28 de abril do ano 2011. Será acaso que Urbano Esmerode do PP non pensa seguir na cadeira despois do 22 de maio?", pregúntase Luxilde.

Durante a sesión da Xunta Veciñal da EML de Morgadáns tamén se votará unha proposta da presidencia sobre os traballos de amoxoamento no monte parroquial e realizarase unha homenaxe a Antonio Lorenzo Lorenzo "Quillo".