A unión fai a forza e, máis, se se trata de cabalos. Por iso, as asociacións Pura Raza Cabalo Galego e a de Criadores de Cabalos de Raça Garrana, do municipio portugués de Arcos de Valdevez, acordaron accións conxuntas dos gandeiros-criadores para poder ampliar a apertura de novas vías de comercialización e mercado dos produtos gandeiros.
O presidente e o coordinador xeral da asociación galega, Joaquín González Troncoso e Jacobo Pérez Paz, respectivamente, mantiveron unha reunión de traballo con Antonio Reis Esteves, presidente da asociación portuguesa para definir as liñas de actuación conxuntas no ano 2015, informou a Federación Española de Asociacións de Gando Selecto.
Na reunión tamén se trataron temas de viabilidade dos colectivos asociativos para aspirar a novos proxectos europeos e a posibilidade de agruparse nun órgano de segundo grao, tal como unha Federación ou Unión de Asociacións gandeiras de carácter internacional de razas equinas de tronco celta-atlántico-europeo.
Do medio colaborador - Galicia Confidencial