Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar VIDEO | Cabalos con pexas nos montes de Gondomar.

VIDEO | Cabalos con pexas nos montes de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
00-garrano
02-garrano
01-garrano
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Acompañado por outros tres exemplares, un garrano coas patas trancadas desprazábase con gran dificultade no monte de Peitieiros, na zona por riba do curro vello.

Un veciño atopouse cos cabalos o pasado domingo mentras transitaba pola zona e decidiu grabalos para denunciar o feito.

Os incendios de 2006 deixaron centos de exemplares mortos en Galicia calcinados polas chamas ante a imposibilidade de fuxir do lume.

Estes cepos, coñecidos tradicionalmente como "pexas", provocan aos cabalos lesiones e feridas graves de todo tipo, así como deformacións que en ocasións desembocan na morte lenta e cruel destes animais.
Ademais do maltrato evidente que supoñen as pexas en si, os cabalos sofren a indefensión de non poder fuxir ante o ataque de depredadores, seres humanos ou ante calquera accidente circunstancial como os incendios forestais. Os incendios de 2006 deixaron centos de exemplares mortos en Galicia calcinados polas chamas ante a imposibilidade de fuxir do lume.

As pexas están expresamente prohibidas pola lei 1/1993 de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, a lei 32/2007, para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio en Galicia e polo Real Decreto 348/2000. Sen embargo a práctica segue a manterse por algúns propietarios como veñen denunciando diversos colectivos do Val Miñor e de Galicia.

VIDEO