-Ofrecerá un espectáculo dirixido ao público infantil, no Auditorio Lois Tobío ás 12.00 horas; e outro destinado aos adultos, ás 22.30 horas
O II Festival Internacional de Teatro Ponte… na Escena continúa coa súa programación. Nesta ocasión será a compañía teatral Bocaccione, de Ribeirao Preto (São Paulo), a encargada de amenizar a xornada de mañá venres. A compañía brasileira ofrecerá un espectáculo dirixido ao público infantil e outro destinado aos adultos.
O Jovem Teimoso Que Nao Queria Morrer
A peza, inspirada libremente na obra de Ricardo Azevedo con adaptación de Marcelo Ribeiro, conta a historia dun mozo viaxante que sabendo soamente o que non quería, toma unha decisión: decide partir polo mundo en busca do lugar onde ninguén morre. O mozo, que atopa na morte unha inxustiza, atoparase con conflitos e incertezas durante o seu traxecto, pasando por xogos e estratexias para atopar ese lugar. Como o tempo é vento que o leva todo, o mozo viaxante terá que tomar, entón, unha nova decisión, alterando esta historia.
A cita será ás 12.00 horas, no Auditorio Lois Tobío.
A Igreja do Diabo
Cansado de ser desorganizado, o Demo ten a idea de fundar unha Igrexa coa promesa do Paraíso na propia Terra. A súa relixión chega a todos os puntos do mundo e a súa previsión de que as virtudes caerían por terra, confírmase.
Pero, aos poucos, os homes van exercitando virtudes, e o tiro sálelle pola culata, pois para cada maldade realizada polos seus adeptos, había unha bondade praticada. Furioso, o Demo vai falar con Deus, que lle revela que: maior que calquera relixión é a contradición humana.
A peza, dirixida por João Paulo Fernandes, representarase no Auditorio Lois Tobío ás 22.30 horas.