Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Gondomar acolle o I Festival de Teatro de Lusofonía en Galicia

Gondomar acolle o I Festival de Teatro de Lusofonía en Galicia

Correo-e Imprimir PDF
Momento da rolda de prensa hoxe - Imaxe GondomarTV

Hoxe presentouse oficialmente o cartel do I Festival Internacional de teatro lusófono en Gondomar onde participan 6 compañías de Galicia, Portugal e Brasil.

Ponte na escena, terá lugar os próximos días 24, 25 e 26 de maio en Gondomar.

6 compañías de teatro procedentes de Brasil, Portugal e Galicia serán as protagonistas  de por en escea o primeiro festival de teatro que en Galiza presenta as obras de compañías brasileiras, galegas e portuguesas.

Unha ponte necesaria que ofrece ao espectador a posibilidade de asistir a diferentes propostas escénicas contadas nunha mesma lingua con sotaques diferentes. Un proxecto que une a proximidade cultural entre territorios que comparten unha expresión común.

Ignacio Troncoso, concelleiro de cultura, afirmou hoxe que "aínda que pareza estraño, é a primeira vez que se vai facer un festival de teatro lusófono en Galicia. Por isto, apostamos fortemente por esta colaboración".

Dúas compañías galegas (Limiar Teatro e 8mm Teatro), dúas portuguesas (Fafe cidade das artes e Teatro Invisibel) e dúas brasileiras (Farándula e Teatro andante) desenvolverán o Festival Internacional de Teatro que terá por sede a vila de Gondomar do 24 ao 26 de maio.

As seis conforman o programa de Ponte…na escena, o primeiro festival internacional de teatro da lusofonía que se pon en marcha en Gondomar. A proposta xorde do impulso de Ponte…nas ondas, de aí o nome do certame pero tamén de Limiar Teatro (Fran Núñez), membro desta última formación e implicado en Ponte nas ondas desde tempo atrás fala da “vocación de exhibir proxectos comúns da lusofonía”.

O programa centrará a súa actividade no Auditorio Municipal Lois Tobío, aínda que o venres 24, o bar Catro Camiños albergará "Unha historia de amor ao Tarantino (8mm. Teatro)" a partir das 23 horas con entrada libre.

O custe das entradas para o resto de espectáculos é de 4 euros por espectáculo, ou  un bono de 6 euros que permite o acceso ás dúas funcións do día.

Entradas anticipadas en www.servinova.com