Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Músicos da vangarda europea inspírase na obra plástica do gondomareño Fernando Casás.

Músicos da vangarda europea inspírase na obra plástica do gondomareño Fernando Casás.

Correo-e Imprimir PDF
casas

-cAuSaL, o I Encontro Internacional de Composición acollerá esta fin de semana en Santiago a cinco músicos da vangarda europea para un concerto inspirado na obra do artista plástico e membro do IEM, Fernando Casás.

cAuSaL. I Encontro internacional de composición defínese como un espazo de encontro e discusión arredor da composición na música contemporánea. Esta actividade, coproducida coa Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do ciclo "Música e Arte. Corrrespondencias sonoras", que organiza o CGAC e desenvolve Vertixe Sonora Ensemble.

Neste primeiro encontro contarase coa participación dos compositores: Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, Suecia, 1983), Alexander Khubeev (Perm, Rusia, 1986), Matthias Kranebitter (Viena, Austria, 1980) e Simone Movio (Latisana, Italia, 1978) que pertencen á máis recente xeración de compositores europeos o que permitirá coñecer a fondo as últimas tendencias e as diferentes liñas de pensamento no eido da composición. Todos eles concibiron obras para o concerto efémero relacionado coa exposición do artista galego-brasileiro Fernando Casás o agora xa foi e o denantes será.

Os compositores falarán da súa música e dos procesos creativos que se agochan detrás do seu traballo. O encontro completarase con ensaios abertos das obras comisionadas por Vertixe Sonora Ensemble aos cinco compositores convidados o que suporá unha oportunidade única para ver o traballo directo entre unha ensemble especializada e os compositores.

PROGRAMA

Sábado, 24 de novembro*

10:45 h Presentación

11:00-12:00 h Jacobo Gaspar

12:00-13:00 h Simone Movio

16:30-17:30 h Matthias Kranebiter

17:30-18:30 h Alexandre Khubeev

18:30- 19:30 h Esaias Järnegard

Domingo, 25 de novembro

11:00-14:00 h Ensaios abertos de Vertixe Sonora Ensemble con compositores

*Haberá traducción consecutiva do italiano e o inglés ao galego.

DESTINATARIOS

Compositores, instrumentistas, estudantes e todas as persoas interesadas na música contemporánea que desexen asistir. Prazas: 40

INSCRICIÓN

O encontro é gratuíto. As solicitudes para asistir pódense presentar na recepción do CGAC, chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos (981 546 623 / 631) ou ben a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , indicando os seguintes datos: nome, enderezo postal e electrónico, teléfono de contacto e ámbito de estudo ou traballo.

Ademais Vertixe Sonora Ensemble tamén organiza encontros individuais cos compositores para aquelas persoas que estean interesadas. Os devanditos encontros teñen un custo de 60 €, 90 € ou 120 € segundo sexan un, dous ou tres os encontros individuais nos que se queiran matricular. Para mais información dirixirse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .