Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A obra do gondomareño Fernando Casás no cume da arte galega 2012.

A obra do gondomareño Fernando Casás no cume da arte galega 2012.

Correo-e Imprimir PDF
casas


{plusone}O Centro Galego de Arte Contemporánea decidiu "consagrar" o seu programa para o ano 2012 á obra do artista miñorán Fernando Casás. O anuncio fíxose este luns 21 de novembro polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, tras a reunión co Padroado da institución.

O responsable de Cultura adiantou que "no próximo exercicio vaise realizar, entre outras actividades, unha gran exposición do artista galego Fernando Casás, un dos iniciadores do movemento Arte & Natureza, e se organizará unha mostra da artista de "performance" Esther Ferrer, Premio Nacional das Artes Plásticas".

Fernando Casás nace en 1946 en Gondomar e de neno emigra cos seus pais ao Brasil. Retorna a Galicia con 8 anos e dous anos despois volve ao pais suramericano onde permanece ata os 20 anos. A partir de 1975 pasa a frecuentar España, ata que decide asentarse definitivamente en 1989. Actualmente é profesor de escultura na Escola Superior de Artes do Porto, Portugal e na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

Casás vive coa súa familia e traballa entre Gondomar e Brasil. Dende finais dos anos setenta no entorno tropical do Brasil, comezou a fraguar unha obra de carácter marcadamente conceptual , moitas veces efémera, que convida a reflexionar sobre a memoria e o paso do tempo na natureza.