Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Inaugúrase a mostra retrospectiva: "Fernando Casás: o agora xa foi e o denantes será" .

Inaugúrase a mostra retrospectiva: "Fernando Casás: o agora xa foi e o denantes será" .

Correo-e Imprimir PDF
fernando-casas


Galicia e Brasil teñen unha ponte cultural que pasa por Gondomar. O seus puntos de encontro atópanse nos obradoiros de Fernando Casás (Gondomar, 1946), recoñecido creador cuxa obra é precursora do movemento Arte&Natureza, hoxe espallado no mundo en diante con milleiros de artistas e seareiros. Unha mostra retrospectiva da súa obra será inaugurada o vindeiro venres 26 de outubro ás 20 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea (Rúa Ramón del Valle Inclán s/n - Santiago de Compostela).

 

A mostra "Fernando Casás: o agora xa foi e o denantes será" permitiranos gozar dunha mirada retrospectiva da obra do miñorano, que baixo o comisariado de Miguel von Hafe Pérez (director do CGAC), percorre o traballo creativo do autor durante catro décadas, entre o Brasil (onde iniciou a súa práctica artística) e Galicia, a súa terra natal.

Fernando Casás dende finais dos anos sesenta, no entorno tropical brasileiro, comezou fraguar unha obra marcadamente conceptual que evidencia e reflexiona sobre a memoria e o paso do tempo na natureza.

Os seus traballos desprazan a arte dos seus sitios convencionais para ficala na natureza, así como colle anacos dela para localizala en galerías ou espazo urbanos. Un xogo que funciona cal metáfora de quebra entre as raias da natureza e cultura.