Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

Un portal ruso deixa ao descuberto centos de webcams en Galicia en directo

Correo-e Imprimir PDF

Captura de algunhas das cámaras hackeadas en Pontevedra

Un sitio web ruso, mostra en directo as imaxes de milleiros de cámaras IP en todo o mundo.

As camaras afectan a negocios locais, talleres, ferreterías, garderías, ... pero incluso interiores de domicilios privados.

 

Toca resintonizar os canais de TDT o próximo domingo 26 de outubro.

Correo-e Imprimir PDF

Control-remotoUn proceso de relocalización de frecuencias de televisión na banda de 800 MHZ para deixalas dispoñibles para as redes de telefonía móbil de alta velocidade (4G), obrigará a resintonizar os televisores o vindeiro domingo 26 de outubro. Nese senso o Ministerio de Industria, Energía y Turismo informou este xoves que botará andar unha campaña informativa a partir do mércores 15. Na maioría das vivendas se adianta que só constará dunha operación co mando da TV. No caso das antenas colectivas en edificios a adaptación deberá facela persoal cualificado e o Estado destinará subvencións a tal fin. En todo caso a cidadanía pode informarse na web www.televisiondigital.es  e nos  teléfonos 901 20 10 04 e 954 30 77 96.

VIDEO | Enxeñeiros estudan como traer Oasis of the Seas e amarralo ao porto de A Guarda

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe vía satélite | castrofilms.esO cruceiro máis grande do mundo partiu do porto de Vigo o pasado sábado, pero xa hai "enxeñeiros" que estudan como poderían traelo e sacalo do dique de abrigo do porto de A Guarda. Unha manobra complicada para o capitan do buque, pero pan comido para calquera mariñeiro experto guardés.

Coñece “Ello”, a nova rede social que quere desbancar a Facebook.

Correo-e Imprimir PDF

ello-internet-red-social20140928152202Ello, a rede social "anti Facebook" vólvese viral aínda en face Beta. Coa frase "Vostede non é un produto", o portal recibe aos internautas. Engade "Ello non vende publicidade. Tampouco vendemos información sobre vostede a terceiras partes", di a compañía. Solo se ingresa por invitación

O Val Miñor sen servizo de ADSL de Movistar e cas operadoras virtuais

Correo-e Imprimir PDF

Sen internetOs concellos Val Miñor sufren unha incidencia masiva nas liñas de telefónicas que provocou a caída do servizo de ADSL durante toda a xornada de hoxe.

A compañía Movistar non ofrece máis información aos clientes máis alá dunha mensaxe telefónica grabada indicando que a liña da que chama atópase na área dunha incidencia técnica.

Os clientes das compañías virtuais que operan coa rede de Movistar tamén se viron afectados.

Ten conta en Gmail ? Entón esta información lle interesa. 5000 contas de correo quedaron expostas nun ataque informático masivo.

Correo-e Imprimir PDF

GmailA Policía Nacional, a través da súa conta de Twitter recomenda aos usuarios de contas de Gmail que verifiquen se o seu enderezo puido ser filtrado no último ataque rexistrado nos servidores de Gmail, que comprometeron a seguridade das contas de correo de máis de 5000 usuarios.

Investigadores españois inventan un simulador cuántico que permite viaxes no tempo

Correo-e Imprimir PDF

simulador cuanticoEnrique Solano, físico da Universidade do País Vasco, idea un "teatro cuántico" no que se poden romper as regras máis fundamentais da física, incluída a teoría da relatividade de Einstein e a súa máxima "nada pode ser máis rápido que a luz".

CPI de Panxón : Unha aplicación móbil permite o seguimento escolar dos alumnos por parte dos pais .

Correo-e Imprimir PDF

screen568x568O pais e nais dos 195 alumnos do CPI de Panxón poden consultan as cualificacións, as faltas de asistencia ou solicitar unha titoría desde os seus dispositivos móbiles. Desde o ano pasado a Xunta de Galicia colocou a este centro (único na área de Vigo) dentro do programa experiencia da aplicación AbalarMóbil, que permite o seguimento escolar dos estudantes.
As familias que descarguen a aplicación poderán consultar desde o seu dispositivo móbil as cualificacións dos seus fillos, consultar e xustificar as faltas de asistencia, as faltas de conduta, os horarios e as materias, así como os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

A partir desta semana o Diario Oficial de Galicia pode consultarse no móbil.

Correo-e Imprimir PDF

dog mobilDesde esta semana, todos os anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia están dispoñibles no móbil. A aplicación pode descargarse gratuitamente de Google Play Store para Android e de iTunes para iOS. A aplicación do DOG actualízase de xeito constante coa reutilización da información procedente da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica no portal www.xunta.es. Está dispoñible tanto en galego como en castelán.
A aplicación permite consultar a información dispoñible no DOG do mesmo xeito que se faría a través da web, coas opcións de acceder ao último diario dispoñible, realizar unha busca para unha data concreta e consultar o contido directamente na aplicación e descargalo en formato pdf.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL