Mércores, 13 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Tecnoloxía A partir desta semana o Diario Oficial de Galicia pode consultarse no móbil.

A partir desta semana o Diario Oficial de Galicia pode consultarse no móbil.

Correo-e Imprimir PDF
dog mobil

Desde esta semana, todos os anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia están dispoñibles no móbil. A aplicación pode descargarse gratuitamente de Google Play Store para Android e de iTunes para iOS. A aplicación do DOG actualízase de xeito constante coa reutilización da información procedente da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica no portal www.xunta.es. Está dispoñible tanto en galego como en castelán.
A aplicación permite consultar a información dispoñible no DOG do mesmo xeito que se faría a través da web, coas opcións de acceder ao último diario dispoñible, realizar unha busca para unha data concreta e consultar o contido directamente na aplicación e descargalo en formato pdf.


Novas funcionalidades
Ademais, o DOG para dispositivos móbiles abre unha serie de posibilidades novas para que a persoa usuaria escolla os anuncios do seu interese. Poden filtrarse por sección (disposicións xerais, autoridades e persoal, anuncios...), por rango (lei, decreto, orde, resolución...), por área temática (ensino e formación; medio ambiente; ciencia e tecnoloxía; economía, empresa e emprego...) e por colectivo ao que van dirixidos (autónomos/as, desempregados/as, empresas, emigrantes, pais e nais...). A función "favoritos" permite ter sempre a man os anuncios de especial relevancia para cada persoa usuaria.