Luns, 19 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Tecnoloxía Un portal ruso deixa ao descuberto centos de webcams en Galicia en directo

Un portal ruso deixa ao descuberto centos de webcams en Galicia en directo

Correo-e Imprimir PDF
Captura de algunhas das cámaras hackeadas en Pontevedra

Un sitio web ruso, mostra en directo as imaxes de milleiros de cámaras IP en todo o mundo.

As camaras afectan a negocios locais, talleres, ferreterías, garderías, ... pero incluso interiores de domicilios privados.

 

 

No portal, que acaba de saltar ao coñecemento do gran público despois das denuncias de varios organismos doutros estados como Gran Bretaña, inclúe centos de webcams en Galicia.

Por nodos de conexión de IPs, en Pontevedra hai 36 cámaras vulneradas, 2 en Vigo, 5 en Coruña sobre un total de 378 cámaras en toda España.

As camaras afectan a negocios locais, talleres, ferreterías, garderías, ... pero incluso interiores de domicilios privados

O portal inclúe no seu directorio cámaras que están emitindo en directo dende máis de 250 estados, incluídos 378 dispositivos en España. En Estados Unidos hai máis de catro mil.

Os "intrusos" están asaltando cámaras IP de diferentes marcas, algunha delas moi coñecidas. Trátase de dispositivos aos que se pode acceder a través da rede en directo baixo contrasinal ou sen el. Nos últimos anos están gañando popularidade para tarefas de vixilancia en comercios, para controlar stocks por exemplo, e fogares, por exemplo para ter baixo vixilancia os movementos dos máis cativos.

O portal asegura que "non hackearon" ningunha cámara e unicamente pretenden dar a coñecer os buratos de seguridade de moitos destes dispositivos, en moitos casos, por non reconfiguraran o código de seguridade que traen ás cámaras de fábrica, ou non establecendo ningún tipo de contrasinal, facilitando o traballo destes "hackers".

 - Do medio colaborador  Galicia Confidencial