Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

O Val Miñor xa está no mapa virtual en 360 graos de Google

Correo-e Imprimir PDF

Ponte da Ramallosa vista dende Google Street View

O Val Miñor xa está no mapa virtual de Google Street View. Fai varias semáns, Google, a través da súa ferramenta 'Street View', permite xa percorrer de maneira virtual e a través de imaxes en 360 graos as principais estradas do Val Miñor.

A captura de imaxes comezou no pasado outono pero polo análise das imaxes parece que se consolidou no mes de maio de 2011, durante o periódo de eleccións municipais, así na rotonda de Ramallosa ou na Avda. Portugal podemos atopar as pancartas da campaña electoral, inmortalizadas na ferramenta virtual.

A Xornada Letras Galegas e Internet poderá ser seguida por Internet na súa totalidade.

Correo-e Imprimir PDF

xornadasgalegas_Programa-1Novos correctores, tradución automática en liña, recursos para nenos, e galego no teu móbil, son algúns das novidades e conferencias que incluirá a Xornada Letras Galegas e Internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística é a encargada da organización. O evento terá lugar en Santiago de Compostela esteo xoves 19 de maio. Tamén colaboran a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Secretaría Xeral de Medios. As xornadas poderán ser seguidas na súa totalidade por internet, dende as 10:30 ás 13:30. Os recursos lingüísticos que se presentan na xornada son" aplicacións nas que a secretaría xeral está a colaborar para contribuír á calidade da lingua e ao seu prestixio social, que lle ofrecerán á cidadanía novas oportunidades para sentirse máis segura traballando e comunicándose en galego no lecer e nas relacións a distancia.", informan dende a Xunta de Galicia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL