Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

Vou facer o meu propio coche, pero con LEGOs

Correo-e Imprimir PDF

Un xoguete para nenos grandesSe lle fascinan as cousas feitas con LEGO, amárrese ben ao asento e mire este vídeo porque esta obra de enxeñería vaino deixar coa boca aberta.

Cal é a praia máis quente do Val Miñor?

Correo-e Imprimir PDF

costa-litoral-nigran-Unha nova web permite saber a temperatura das augas das praias galegas. E hai sorpresas.
-A aplicación achéganos a información que dende a popular Praia de Patos en Nigrán até a Cuncheira en Baiona a tarde de baños gozará dunha temperatura de 15,5º promedio.

O galego, o eúscaro e o catalán están en perigo de extinción dixital

Correo-e Imprimir PDF

A dixitalización de gran cantidade de textos é esencial para as tecnoloxías da linguaxe / david__jonesA rede europea META-NET alerta fronte ao perigo que supón para as linguas minoritarias a falta de adaptación tecnolóxica á sociedade da información.

As novas tecnoloxías proporcionaron novos espazos para a expresión de culturas minoritarias, pero a súa capacidade "homoxeneizadora" tamén pon en perigo a diversidade. Sobre este risco alerta o último informe de META-NET , unha rede europea formada por 60 centros de investigación de 34 países creada para axudar a pór os cimentos tecnolóxicos dunha sociedade da información europea multilingüe.

O novo corrector Imaxin Galgo 2.0 de galego xa está dispoñible para a súa descarga gratuíta.

Correo-e Imprimir PDF

galgoA Secretaría Xeral de Política Lingüística xa ten dispoñible para descargar o corrector de galego 'Imaxin Galgo 2.0', unha ferramenta que adiantan "facilitará" o uso do galego dentro das novas tecnoloxías. Trátase do primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar en textos escritos en galego.

Guía para sobrevivir a un ataque en internet

Correo-e Imprimir PDF

Anonymous atacou varias webs o Goberno británico para protestar contra o 'caso Assange'. /A Fundación de Fronteras Electrónicas publica unha serie de consellos para axudar a webs pequenas e independentes a evitar os ataques distribuídos de denegación de servizo ou DDoS.

O Alg-a Lab acolle a Feira Imaxinaria Contemporánea 2012.

Correo-e Imprimir PDF

sumer labColectivos vencellados á ciencia, a cultura e as novas tecnoloxías amosarán na veciña parroquia de Valadares as súas últimas achegas e proxectos na Feira Imaxinaria Contemporánea 2012. O evento propiciará unha "residencia colectiva" do 23 ao 26 de agosto de creadores e investigadores destes eidos nas instalacións do Alg-a Laboratorio, situado no Camiño da Igrexa, 254. Nas xornadas compartiranse obradoiros e instancias de divulgación de diversos proxectos nun marco de convivencia onde non faltarán anacos para as representacións artísticas e o lecer.

“A informática é unha profesión de xente brillante”

Correo-e Imprimir PDF

Tony Hoare, científico y premio Turing 1980.Sir Tony Hoare, que recibiu o ‘nobel’ de computación en 1980, defende a “enorme contribución da tecnoloxía” ao desenvolvemento do resto de ciencias.

Se Tony Hoare fose físico, químico ou biólogo tería un premio Nobel, ademais dun título de sir. Como é informático, o que ten é un premio Turing, que é a maior distinción das ciencias da computación pero tan descoñecida para o gran público como o é, tristemente, o extraordinario matemático que lle dá nome. Alan Turing é o pai da intelixencia artificial, e non é esaxerado dicir que o seu traballo, ao descodificar as mensaxes encriptados das complexas máquinas nazis Enigma, foi decisivo para que os aliados gañasen a II Guerra Mundial. A súa vergoñosa morte tras ser condenado por sodomía, ao recoñecer a súa homosexualidade, só agrandou a súa lenda na comunidade científica.

Google fai nevar no monitor

Correo-e Imprimir PDF

Let-it-snow-en-Google-600x350Google lanzou unha función do seu buscador para que neve. Só hai que escribir as palabras "Let it snow" (que chegue a neve, en inglés) no buscador para comece a nevar na pantalla.

Un sistema para controlar o ordenador co corpo gaña o primeiro premio da ‘Galiciencia’

Correo-e Imprimir PDF

premio-ciencia-webO dispositivo iKinect, que permite controlar o ordenador cos movementos do corpo sen necesidade de usar o rato e o teclado foi o gañador absoluto da 'Galiciencia 2011', organizado por Tecnópole e que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria. Este proxecto foi o vencedor na categoría de 2º ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º ciclo da ESO e Bacharelato. Martín Alvarez, Adrián González e Luis Rodríguez, do IES O Couto (Ourense), adaptaron a cámara da videoconsola Xbox para que permitise unha interacción total do usuario cos controis de calquera ordenador.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL