Venres, 30 Oct. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cantares do Brión achegará os sons do Miñor ás festas tradicionais de Mondariz.

Cantares do Brión achegará os sons do Miñor ás festas tradicionais de Mondariz.

Correo-e Imprimir PDF
festival muinheira mondariz

As voces miñoranas con sede na parroquia de Vincios serán as encargadas de cerrar a primeira noite do XXVIIII Festival da Muiñeira e XXVII Feira de Oficios Artesáns de Mondariz . O coro adianta que no repertorio, se incluirán pezas novas e "algunha sorpresa pensada para a ocasión e para o lugar". A actuación dará comezo ás 22 horas do vindeiro sábado 1 de agosto.


O dobre evento está organizado polo grupo folclórico local, Cear Castromao. A XXVII Feira de Oficios Artesáns, estará dedicada este ano aos cesteiros. A actividade en Mondariz dará comezo o sábado 1 ás 10:30 da mañá coa inauguración da exposición "O oficio de cesteiro". Sobre as 11:30 actuará a Escola de Gaitas, Pandeireta e Canto "Cear Castromao".

Continuará ás12 horas con obradoiros para nenos . De 17 a 20 horas se desenvolverán os "Xogos populares xigantes" e finalmente ás 22 horas, Cantares do Brión iniciará o concerto.
O domingo 2, a feira abrirá a mesma horas, e sobre as 11 horas terá lugar unha serie de demostracións de oficios artesáns. Ás 12 Carlos Barros Fontán "Tango", zapateiro de Mondaríz lerá o pregónl. Sobre as 18 horas dará comezo o XXVIII Festival da Muiñeira.