Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

A comedia “Frantasmas”, mañá venres no Auditorio Municipal Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

teatro_frantasmasGondomar inicia o programa do fin de semana de celebración do Día Mudial do Teatro este venres coa obra "Frantasmas" no auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Un antigo casarío de estilo victoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular… unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chimeneas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos. Esta é a proposta de “Frantasmas”, a comedia da compañçía Acontrabutaca que inaugura mañá venres a fin de semana de celebración do Día Mundial do Teatro, que terá lugar o domingo.

A obra está co-dirixida por David Ottone de Yllana, a compañía de referencia do humor estatal. Xosé Lueiro asina a dirección e os tres “frans” Fran Ameixeiras, Fran Campos e Fran Rei conforman o elenco. Tratase dun espectáculo cunha coidada escenografía e cun sinxelo e fresco humor que pretende abrir unha nova liña facer comedia en Galicia. Un asesinato, un detective e unha misteriosa casa que nos levarán ao final máis espectacular e divertido dos últimos anos, onde o público terá un papel fundamental. A función será ás 22.00 horas. O prezo da entrada é 3,5 euros e véndense desde unha hora antes na taquilla do Auditorio.

O sábado 26 será a quenda dunha das compañías máis aplaudidas en Gondomar, Fulano, Menga e Citano e “Viva a Crise” (22.00) , mentres que o domingo a compañía santiaguesa Talía porá en escena a versión teatral de “Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe en Milán (e van sen un can)” (18.00), baseada no mesmo libro infantil de Roberto Salgueiro. O libro é unha lectura recomendada nos estudos de primaria.

A programación de teatro do Concello de Gondomar conta coa colaboración da Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

A obra dará comezo ás  22h. e a entrada custa 3.5 euros.

Continúa o ciclo de cine alemán "Lois Tobío na República de Weimar" na sede do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Sinfona-de-BerlnBerlín sinfonía dunha gran cidade (Die Symphonie der Großstadt) de Walter Ruttman, será o próximo título a exhibir no ciclo de cine "Lois Tobío na República de Weimar" organizado polo IEM e mais a Fundación Vicente Risco, coa , colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo. A proxección terá lugar o próximo xoves 24 de marzo ás 20:00h na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda da Feira Nº10 baixo, Gondomar.

O club Lecturas debuxadas amósanos a realidade de Corea do Norte vista polo canadiano Delisle.

Correo-e Imprimir PDF

pyongyang01gNova cita co club de cómic Lecturas Debuxadas da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, o cómic que centrará a charla será Pyonyang, de Guy Delisle, publicado por Astiberri. Será na Biblioteca Municipal de Gondomar este martes 22 de marzo a partir das 20.00 horas.

Concerto de piano e guitarra na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

foto-cartelO próximo martes 22 de marzo ás 20:30h. na Aula de cultura Ponte de Rosas, en Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos haberá un concerto de piano e guitarra clásica a cargo dos profesores do IES "Escolas Proval" de Nigrán,  Paula Carrera (piano) e Fernando Blanco (guitarra) que interpretaran o seguinte programa:

Andaina pola Serra da Groba con Verdegais, o IEM e mais SOS Groba.

Correo-e Imprimir PDF
vairoteirosvalinfoO vindeiro domingo 20 de marzo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizarán un novo roteiro do programa de roteiros mensuais de Verdegaia "Vai de roteiros!" pola Serra da Groba, a serra mareira máis meridional da Galiza. O grupo partirá coa intención de amosar as particulares características faunísticas, florísticas, xeolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas e a singular beleza deste espazo natural ó mesmo tempo que analizarán as agresións e ameazas que padece. A saída será as 9:45 h. da estación de autobuses de Vigo ou ás 11 h. da porta do Parador de Baiona dende onde se subirá en coches particulares á parte alta da serra. O roteiro durará todo o día, polo que se recomenda levar auga, comida e algo de conversa. É imprescindible a inscrición previa.

O pintor Vítor Mejuto inaugura a súa mostra "My Favorite Thigs" na sede do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

mejutoO próximo venres 18 de marzo ás 20:30h na AULA DE CULTURA "PONTE DE ROSAS" (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos inaugurarase a exposición "My Favorite Things" do pintor Vítor Mejuto. No acto inaugural intervirá o crítico de arte Severino Penelas.

Tanxarina representará “Trogloditas”, a súa última produción, o sábado no Auditorio Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

trogloditas_webComeza a Mostra de Mazo de teatro, organizada pola Concellería de Cultura de Gondomar. O espectáculo dará comezo ás 18.00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas teñen un prezo de 2.5 euros. A compañía redondelana Tanxarina será a encargada de abrir a Mostra de Marzo da Concellería de Cultura de Gondomar con “Trogloditas”, o seu último espectáculo. A función será o sábado 19, Día do Pai, no Auditorio Municipal Lois Tobío. O ciclo de teatro desenvolverase durante todo o mes e conta coa colaboración da Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

Alfonso Álvarez Cáccamo falará no marco das actividades do Día das Letras Galegas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
O escritor Alfonso Álvarez Cáccamo falará do seu libro

Este xoves 17 de marzo dende as 19,00 horas no Centro da 3ª Idade de A Ramallosa (a vella estación do Tranvía), Alfonso Álvarez Cáccamo falará do seu libro “O Eco de Ramallón” (nacida da unión dos nomes de Ramallosa e Mallón). O faladoiro forma parte do conxunto de actos literarios e artísticos que o Concello de Nigrán está a desenvolver como preparación da celebración do Día das Letras Galegas.

Mañá comeza o ciclo de cine "Lois Tobío na República de Weimar" co film O Anxo Azul .

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-Tobiocine-1O Instituto de Estudos Miñoranos e a Fundación Vicente Risco, coa colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo, organizan o ciclo de cinema "LOIS  TOBÍO NA REPÚBLICA DE WEIMAR". As películas en Versión Orixinal con subtítulos en galego serán proxectadas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) sede do Instituto de Estudos Miñoranos, segundo o seguinte calendario:

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL