Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A candidata a alcaldesa polo BNG Nigrán Cristina Fernández, deu a luz unha parella de bebés.

Correo-e Imprimir PDF
Cristina Fernández nunha xornada militante en xanerio de 2011.

Cristina Fernández Piñeiro, candidata a alcaldesa de Nigrán polo BNG é a recente nai dunha parella de bebés. Os pequenos chámanse Xenaro e Begoña. O parto foi o pasado martes 25 logo dunha cesárea. As criaturas naceron setemesinas e atópanse ben pero baixo coidado médico en incubadora. A nai aínda que delicada tras a cesárea está recuperándose e encontrase feliz segundo anunciaron fontes nacionalistas.

O PSOE presentou no parlamento unha nova enquisa sobre a documentación do proxecto da PO-325

Correo-e Imprimir PDF

nigran_vista_panoramicaAs disputas entre socialistas e populares sobre a existencia ou non de información precisa sobor o desenvolvemento do proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada PO-325 no Concello de Nigrán chegou ao parlamento galego. Os deputados socialistas presentaron unha enquisa á Mesa do Parlamento onde logo de cuestionar as modificación realizadas pola actual administración ao proxecto orixinal feito polo bipartito, preguntan en que data e baixo que soporte foron informados os diferentes concellos afectados por esta actuación.

Continúan traballos de asfaltado en varias rúas de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

obras-asfaltado-nigranDende o pasado mércores 19 de xaneiro a empresa COVSA ven de comezar o asfaltado das rúas do Souto e Pereira en San Pedro da Ramallosa ao que lle seguirán durante as próximas dúas semanas a pavimentación dos Camiño do Quinteiro e Bouzavella (Panxón), Rúas Recosto e Pedrosas (Parroquia de Priegue), Rúa da Casanova (Parada) e Camiño da Troca (Camos) informou o concelleiro de urbanismo de Nigrán Juan González.

O porto de Panxón permanecerá pechado á circulación de vehículos o sábado 22 de xaneiro.

Correo-e Imprimir PDF

obras_porto_panxonO próximo sábado 22 de xaneiro de 2010 permanecerá pechado o acceso a vehículos no porto de Panxón debido as obras de reordenación e humanización do espazo portuario, informou o Concello de Nigrán. O asfaltado e aglomerado do vial de acceso ao espigón do peirao obrigan a este peche mais estará permitindo o acceso peonil a todo espazo portuario, comercial e de restauración, afirma a administración municipal.

Saneamento en Fonte do Ouro e pavimentación en varias rúas de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán inviste  84.319,86€   en pavimentar diversos viais do Concello e no saneamento de Fonte Douro

A empresa COVSA está realizando traballos de pavimentación nos viales Rúas Valle Inclán, Romana Baixa, accesos ao Camiño do Ferrador na Ramallosa, e Rúa Areosa e Lourido informa o Concello de Nigrán. As obras comezaron o pasado luns 17 de xaneiro e ten un orzamento 31,567,53 euros co- financiados pola administración municipal, a Deputación de Pontevedra e mais o Ministerio de Política Territorial y Administración Pública do goberno nacional. Os traballos consistirán no barrido e limpeza da fuperficie a pavimentar, colocación da capa de rodadura e o recrecido de arquetas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL