Con cualificativos tales como “irresponsable” e “veterano” no “ocaso de su carrera política y nefasta para los vecinos de Nigrán” o concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN) criticou ao actual alcalde de Nigrán Efrén Juanes en dúas notas onde rexeita a alianza PSOE – PP e os criterios do goberno na xestión do PXOM. Con data 15 e 18 de decembro os escritos tamén deslizan críticas ao Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo Juan González acusado por Comesaña de “incompetente” e candidato de baixo “perfil político” e xunto con Juanes como os responsables do fracaso político da actual xestión municipal. Con respecto ao PP, afirma que é o “tonto útil” do pacto, condenado a facer unha política de “seguidismo” marcada polos socialistas, nun intento de facer un “guiño descarado hacia la izquierda” produto do seu “desnorte”, cun candidato que ao igual que dos socialistas é de baixo “perfil político”.
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
O BNG asegura que o pacto PSOE – PP incrementa a participación na enquisa Que Nigrán queremos?
O BNG de Nigrán prosigue os seus traballos de enquisa nas rúas e anuncia que xa está preto de acadar as 500 proxectadas a tan só 18 días do seu lanzamento. Os nacionalistas aseguran que o volume de enquisas recibidas veuse aumentada trala sinatura do pacto PSOE – PP en materia do plan de urbanismo e o pagamento de débedas da anterior xestión popular do municipio.
Volve o carril bici? O Concello de Nigrán non ten o proxecto de intervención da Xunta na PO 325.
A incerteza da instalación do polémico carril bici en Nigrán a través das obras que a Xunta de Galicia ten a facer na PO 325, leva a que moitos veciños directamente afectados polas obras, ou interesados nos efectos das mesmas se dirixan ao Concello en busca de informacións. A sorpresa é maiúscula cando a administración local responde que non ten idea do que a Xunta vai facer, pois non contan cun mapa ni descrición algunha do proxecto a executar.
A testemuña dos veciños foi confirmada polo concelleiro de Urbanismo de Nigrán, Juan González, quen agregou que o único comunicado que recibiron da administración autonómica, é un pedido para utilizar o salón de plenos nunha xuntanza a mediados de xaneiro cos veciños cuxos terreos serán en parte expropiados para a realización das obras.
O Partido Popular quere destinar os ingresos de Porto de Molle para fomentar o emprego na vila.
O Partido Popular de Nigrán quere destinar 1.4 millóns de euros que recibirá o Concello por concepto dos convenios con Zona Franca polo Porto de Molle en iniciativas municipais que fomenten o emprego. Nese sentido pide ao goberno de Nigrán que convoque unha reunión de tódalas agrupacións da corporación municipal "con el fin de adoptar conjuntamente estas medidas que frenen la tremenda pérdida de empleo que está sufriendo Nigrán." Pola súa banda o Tenente de Alcalde Juan González que descoñecía a proposta popular afirmou que Nigrán xa traballa neses proxectos de emprego a pesar de que a Xunta dende a chegada dos populares, retirou tódalas actividades formativas de emprego no municipio.
Once empresas presentan as súas ofertas para a realización das obras de San Roque.
Once empresas presentan as súas ofertas para a realización das obras de “Urbanización da rúa San Roque de Camos” por un montante de 735.710,47€. O próximo luns día 20 de decembro abriranse os sobres coas ofertas económicas e técnicas e no mes de xaneiro iniciaranse unhas obras que rematarán no primeiro semestre de 2011, segundo informou o concelleiro de Urbanismo Juan González.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL