O concello de Nigrán outorgou unha licenza de obras para a construción dun edificio destinado a equipamento social en Porto do Molle. Á compra de parcelas por parte das Empresas DISNA S.L., BRIGAL S.A., MARINE INSTRUMENTS S.A. e G.T.G. INGENIEROS S.L. ,o arrendamento dunha das Naves Bioclimáticas en construción por parte de BIBUS SPAIN S.L. e o inicio do edificio para oficinas por máis de 4.millóns de euros, agora únese a inversión por parte da Administración do Estado a través de Zona Franca de Vigo de 8.657.129,19 € para execución dunha nova edificación que empezará as obras de xeito inmediato, segundo o informado polo concelleiro de urbanismo Juan González.
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
Porto de Molle recibe unha nova inversión por máis de 8,5 millóns de euros.
O PP de Nigrán traballa na reunificación do centro dereita e prepara lista para o venres.

A menos de catro meses das eleccións municipais o Partido Popular de Nigrán xa definiu as súas estratexias de alianzas: reunificación da centro dereita ante dos comicios e portas pechadas para calquera hipóteses de bipartito. Este venres a Xunta Local do PP aprobará polo menos os dez primeiros nomes de candidatos a concelleiros. Por outra banda unha mesa integrada por militantes do PP e da Unión Centrista de Nigrán (UCN) mantén intensas negociacións en busca de acordos que permitan a integración.
O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou facer estudos para obras na estrada Vincios - Nigrán.

O Pleno Ordinario da Deputación de Pontevedra aprobou por unanimidade unha moción presentada polo deputado socialista Juan A. González Pérez, con fin de facer os estudios técnicos e dar os pasos necesarios para mellorar o trazado da Estrada Provincial 2102 Vincios-Nigrán no tramo do Barrio de Pracíns, parroquia de Chandebrito. O deputado e concelleiro de urbanismo de Nigrán explicou que trátase dunha demanda das entidades veciñais de Chandebrito dende hai moitos anos e que a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 ven de reclamar de xeito insistente ante a Deputación Provincial.
O Partido Popular critica a ausencia de Nigrán na última edición de FITUR.

A ausencia do Concello de Nigrán na pasada Feria Internacional de Turismo (FITUR) celebrada en Madrid é una mostra" da falla de interese deste goberno en potenciar a imaxe deste municipio", manifestou o portavoz popular Alberto Valverde. O candidato popular ás municipais 2011 opinou que en materia turística Nigrán non pode competir cos municipios veciños como Sanxenxo, Baiona o A Garda "que si tiveron unha presenza significativa na feira".
Saúde e transporte público son os servizos municipais que máis preocupan aos veciños de Nigrán.

Sanidade pública, transporte público e mais a limpeza de estadas e praias son os temas que mais preocupan aos veciños de Nigrán, segundo os resultados da enquisa do BNG “Que Nigrán queremos?” . Os resultados deste traballo desenvolvido polos militantes nacionalistas serán os piares do seu programa municipal para as vindeiras eleccións de maio, segundo o adiantado pola agrupación. As 428 enquisas recollidas nas rúas e a través da Internet tamén expresan a preocupación da veciñanza polo abastecemento de auga, as actividades culturais e deportivas, as vivendas de protección oficial e o medioambiente.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL