Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O orzamento municipal 2011 é o próximo obxectivo do pacto PP - PSOE en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

P1010340Mañá luns o equipo de concelleiros do Partido Popular recibirá do equipo de goberno municipal o borrador do orzamento que rexirá o periodo final de Efrén Juanes e o inicio do próximo rexedor. O obxectivo dos socialista é deixar todo preparado para a súa aprobación no pleno de xaneiro, e para iso os votos do PP son fundamentais segundo o goberno.O proposta partiu do propio alcalde nunha reunión privada entre os grupos o pasado sábado pola mañá.

Socialistas e populares xuntos no concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

pp-soe-3A poucos meses das eleccións municipais, socialistas e populares pactan unha serie de medidas que estiman darán estabilidade ao municipio. Débedas que dormen dende a década dos 90 nos caixóns do municipio e a urxencia da aprobación do Plan Xeral de Urbanismo son as problemáticas fundamentais que ambos os dous decidiron afrontar de forma conxunta.

A tartaruga de Panxón en camiño a Ourense e A Coruña.

Correo-e Imprimir PDF

A_tartaruga_4Sobre as 10 horas da mañá de hoxe foi retirado o corpo sen vida da tartaruga que xacía no peirao de Panxón. Coa autorización do equipo de biólogos da Xunta de Galicia que están dende onte en Nigrán, o animal foi trasladado a Ourense para estudos de laboratorio e finalmente irá á Coruña onde se complementarán as análises co fin de determinar as causas da súa morte.

O concelleiro Juan González Pérez será o candidato a alcalde polo PSOE de Nigrán nas municipais de 2011.

Correo-e Imprimir PDF

Juan-GonzlezO actual 1º Tenente de Alcalde, Juan González Pérez, será o candidato do PSOE de Nigrán para as próximas eleccións municipais de maio de 2011. Así o decidiu a executiva provincial dos socialistas e será ratificado pola asemblea de militantes do próximo sábado 11 de decembro a celebrarse na sede nigranesa da agrupación.

Unha tartaruga de 200 quilos xace nestos momentos no porto de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

tartaruga_nigrn_1webAs persoas que se encontren nas inmediacións do porto de Panxón (Nigrán) poderán observar sobre o peirao o corpo sen vida dunha enorme tartaruga de 200 quilos. O animal foi arrastrado xa sen vida por un grupo de mariñeiros que se encontraban de regreso ao finalizar a súa faena, segundo informaron autoridades do concello de Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL