Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concelleiro Juan González Pérez será o candidato a alcalde polo PSOE de Nigrán nas municipais de 2011.

O concelleiro Juan González Pérez será o candidato a alcalde polo PSOE de Nigrán nas municipais de 2011.

Correo-e Imprimir PDF
Juan-Gonzlez

O actual 1º Tenente de Alcalde, Juan González Pérez, será o candidato do PSOE de Nigrán para as próximas eleccións municipais de maio de 2011. Así o decidiu a executiva provincial dos socialistas e será ratificado pola asemblea de militantes do próximo sábado 11 de decembro a celebrarse na sede nigranesa da agrupación.

Ata hoxe non había outras candidaturas presentadas polos militantes segundo o confirmou o secretario xeral da agrupación en Nigrán, Manuel Doldán. Tampouco está previsto que iso ocorra segundo a mesma fonte, que agregou que " os socialistas de Nigrán non somos unha agrupación conflitiva, estamos sempre en contacto cos compañeiros e non temos de momento coñecemento doutra candidatura ". Igualmente, Doldán dixo que deberase esperar á asemblea porque estatutariamente os militantes teñen o dereito de presentar nomes ata na propia xuntanza.

De momento o concello de Nigrán ten tres candidaturas confirmadas, a devandita do PSOE, a de Alberto Valverde polo PP e a de Cristina Fernández polo BNG. A estas sumaríase a de Antonio Fernández Comesaña pola Unión Centrista de Nigrán e estase a resolver a situación dos nacionalistas non adscritos liderados polo ex BNG David Giraldez.