Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Estrea da candidatura de Juan González e cea de Nadal dos socialistas de Nigrán.

Estrea da candidatura de Juan González e cea de Nadal dos socialistas de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
mesasonriente
Baiona
mesa_larga
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Sobre as 19 horas do sábado a asemblea do PSOE Nigrán aprobou por aclamación ao 1º Tenente de Alcalde Juan González Pérez como candidato dos socialistas de cara ás eleccións municipais de maio de 2011. Pola noite os socialistas encheron as instalacións do Hotel Queimada de Nigrán para celebrar a tradicional cea do Nadal.

 

A poucos quilómetros do Hotel Miramar onde os populares de Nigrán proclamaban a Alberto Valverde, a directiva do Psoe decidiu deixar de lado os actos políticos e dar paso á confraternidade cos centos de militantes que acudiron á celebración. Na cea participou o equipo de goberno encabezado polo alcalde Efrén Juanes, autoridades provinciales do PSOE así como unha representación dos concelleiros socialistas de Baiona encabezada polo seu portavoz Rafael Lores.